O voto exterior ratifica o noveno deputado para o PP en Ourense e En Marea segue como segunda forza galega

O Partido Animalista obtén máis votos na diáspora que o BNG nas provincias de Lugo e Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2016 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

O reconto do voto emigrante confirma os resultados electorais do pasado 25 de setembro, toda vez que ratificou o noveno deputado para o PP en Ourense, o que mantén o empate a 14 escanos entre PSdeG e En Marea, que computados os sufraxios do exterior nas catro provincias segue como a segunda forza galega con máis votos tras o PP (con case 17.000 máis que os socialistas).

Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións
Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións

En total, en Galicia sumáronse 10.777 votos da diáspora, dos que 10.708 foron declarados válidos. Do total de sufraxios válidos, case o 50 por cento (5.267) foron para o PP, a forza máis apoiada polos galegos residentes no exterior.

E é que o PPdeG é a forza máis apoiada polos emigrantes nas catro provincias, mentres que En Marea se sitúa en segundo lugar na Coruña e Pontevedra, e o PSOE ocupa o segundo posto en Ourense e Lugo.

Á marxe de recursos e outras cuestións pendentes de resolver, que non se prevé que alteren de forma notable o resultado, en Ourense, onde había dúbidas sobre un posible escano en xogo entre PP e PSdeG, non se producen cambios tras o cómputo do voto emigrante.

Así, a provincia ourensá computa un total de 1.948 votantes da diáspora (con 23 sufraxios nulos e seis en branco). O partido máis apoiado é o PP (con 1.059 votos), seguido do PSOE (344), En Marea (214) e Ciudadanos (C' s), con 70. Con 63 votos, o Partido Animalista contra o Maltrato Animal sitúase en quinta posición, por diante do BNG (58).

RESTO DE PROVINCIAS

Na Coruña, con 4.035 votantes (11 sufraxios nulos e 55 en branco), o PP é a forza máis apoiada (por 1.888 residentes ausentes), seguida de En Marea (722), PSOE (674), BNG (203), Ciudadanos (164) e Partido Animalista (116).

En Lugo, exerceron o seu dereito a voto un total de 1.270 emigrantes, aínda que 15 sufraxios foron declarados nulos e sete optaron por votar en branco. En total, o PP suma 595 sufraxios fronte aos 288 de PSdeG e 160 de En Marea. Como cuarta forza máis votada sitúase C's (55) e o Partido Animalista (con 46 sufraxios) supera o BNG (36).

Por último, a Pontevedra chegaron un total de 3.524 votos procedentes do exterior, dos que 24 foron declarados nulos e nove en branco. Tras o PP (con 1.725), os partidos máis apoiados son En Marea (638) e PSdeG (530). Na provincia pontevedresa, o BNG sitúase como cuarta forza máis votada pola emigración (171), seguida de C's (134) e Partido Animalista (118).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 galegoexiliado

Hai que acabar de una vez co voto NON RESIDENTE, e votar so donde resides e pagas impostos. ¿Si poden votar americanos, non nacidos na Galiza nin na Expaña, e que nunca pagaron impostos en Expaña, por qué non poden votar na sua comunidade españoles residentes en outra comunidade, nas que en moitos casos seguen a ter propiedades e familiares? ¿E por qué temos, cos nosos impostos, que financiarlles a sanidade nos países donde pagan impostos? O dos "Centros Gallegos" calquera que vivira no "extranjero" xa sabe ben como funcionan. E moi bonito votar e non sufrir as consecuencias do botado, so disfrutar as subencions e axudas, e non os recortes e demais...

1 galegoexiliado

¿Por qué non poido eu votar a un alcalde que me vai subir o IBI e os impostos ou espropiar a mina propiedade, e si pode votar un nado e residente no estranxeiro que nunca se verá afectado polas decisions de ese alcalde?

5 Galahaz

O do voto emigrante é un cachondeo. Debería limitarse dunha vez o dereito a voto dos descendentes dos emigrantes. Non ten ningún sentido que en pleno 2016 xente que na súa vida pisou Galiza poida votar por seren fillos, netos ou mesmo bisnetos de galegos. A ver se algún día nos quitamos ese complexo que temos co tema da emigración, cos "centros gallegos" e os hospitais subvencionados pola Xunta por América adiante. No ano 81 cando se aprobou o Estatuto podía ser entendíbel, pero hoxe en día, 35 anos despois, xa non hai por onde collelo. Persoalmente, eu ligaría o dereito a voto desde o estranxeiro a ter residido uns determinados anos aquí, é dicir, se nunca viviches en Galiza non podes votar. Nese caso -e só nese caso- facilitaría os trámites para o voto. O sistema actual é unha vergoña.

1 nostrus

El voto en españa es por sufragio universal, es decir todos los españoles pueden votar si son mayores de edad y estan en sus plenas facultades mentales y si los residentes en el extranjero tienen "nacionalidad española" pueden votar. Si empezamos poniendo condiciones para votar terminaremos exigiendo saber leer y escribir, tener una carrera o pagar una cantidad mínima de impuestos. Imagina por un momento que solo pudieran votar los ricos. Se democrata y acata los resulltados aunque no te gusten

2 Galahaz

Nostrus, hai que desasnarse un pouquiño: que o sistema español sexa así non significa que non se poida cuestionar. En Italia os emigrantes non poden votar nas eleccións rexionais senón que só o poden facer nas eleccións ao Parlamento da República no que hai uns escanos reservados para a emigración; en Portugal pérdese o dereito a voto unha vez pasados determinados anos no estranxeiro (15 se viven nun país da UE ou da CPLP e 10 no resto), en Suecia só poden votar os emigrantes que residiran no pasado en Suecia. E como estes hai mil exemplos. Son Italia, Portugal ou Suecia países non democráticos? Teñen esas condicións algo que ver coas paridas que ti dis? A clave para que unha sociedade avance é cuestionarse constantemente se o sistema funciona e se se pode mellorar. Con ovellas coma ti para as que a lei é sempre sagrada e non admiten outros puntos de vista non imos a ningures. E si, o sistema español de voto dos non residentes é unha m3rda infame.

4 Ted Flanders

Efectivamente hai moita fauna na Galiza....no Monte....e na costa!!

3 cam do palheiro

Estes non son emigrantes son aventureriros,polo tanto como non van estar contentos con o PP que estan todo o ano de ferias,de país en país polo mundo adiante.

2 XanKaraLlás

"O Partido Animalista obtén máis votos na diáspora que o BNG nas provincias de Lugo e Ourense". Isto é porque os máis animais de todos son os paisanos, vendo de que maneira cagan o voto...

1 Gamela

O tema do PACMA habería que estudalo con calma pois 14.785 1,04% xa son moitas persoas como para non telas en conta nas vindeiras eleccións...? Semella existir xa unha xeración que confía máis no seu can que no seu veciño ?