A formación máis famosa de Gospel chega a Vigo e Santiago

Harlem Gospel Choir, de Nova Iorque, estará en Galicia a mediados de decembro. Presentarán a modo de homenaxe Internacional ás cancións máis famosas e recoñecidas dunha das voces máis aclamadas na actualidade, a cantante inglesa Adele. Repasarán algúns dos éxitos máis coñecidos da artista inglesa cun toque de jazz e blues, ademais dos clásicos temas do coro e outras sorpresas ao máis puro estilo neoiorquino.

Por GC Tendencias | Vigo | 08/12/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Harlem Gospel Choir, de Nova Iorque, é a formación de Gospel máis famosa da escena musical contemporánea e tamén estará en Galicia. Será en Vigo e Santiago os vindeiros 16 e 17 de decembro.

Harlem Gospel Choir nunha actuación
Harlem Gospel Choir nunha actuación | Fonte: harlemgospelchoir.com

A formación volve unirse despois de varios anos para realizar unha intensa xira en varios países europeos, entre eles España, que comezará os días 14 e 15 de decembro en Madrid, e finalizará o 22 de decembro en Zaragoza.

En Vigo as entradas para o Harlem Gospel Choir xa se poden mercar dende só 18 euros en Ataquilla.com. En Santiago o prezo das entradas parte de 20 euros e a actuación será no Auditorio de Galicia.

Na xira, o grupo realizará unha homenaxe á cantante británica Adele, interpretando as súas cancións máis famosas e recoñecidas. Todo iso cun toque de jazz e blues, e cun repertorio no que non faltarán os clásicos temas do coro e outras sorpresas, como cancións do Nadal ao máis puro estilo neoiorquino.

Durante máis de dúas décadas, Harlem Gospel Choir foi o primeiro coro de Gospel dos Estados Unidos. Actuou xunto a grandes estrelas do pop (Bono, U2;  Diana Ross, The Gorillaz, Keith Richards) e para tres presidentes (os presidentes da EE.UU, Barack Obama e J. Carter, e o Presidente surafricano Nelson Mandela). 

Tags: #Música
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta