Temas: VICENTE RISCO

Nace Doutor Alveiros, unha nova editorial en lingua galega

O novo selo nace da unión de Urco editora e a Fundación Vicente Risco.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 05/10/2016 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O panorama editorial galego resiste, a pesar da crise. O pasado venres día 30 de setembro, presentouse en Allariz, na sede da Fundación Vicente Risco, o selo editorial Doutor Alveiros, que nace da man de Urco editora e a devandita fundación alaricana.

Vicente Risco
Vicente Risco

Este selo responde á estreita colaboración que se leva dando desde hai máis dun ano entrambas as dúas entidades. "Trátase de dar unha saída lóxica, ordenada e profesional a unha serie de traballos de interese común", apuntan desde o novo selo editorial.

No contexto da presentación de Doutor Alveiros, viu a luz tamén a novela Transición, do escritor noiés Pablo Fernández Barba, obra gañadora do XVI premio Vicente Risco de Creación literaria.

A nova editorial toma o seu nome da primeira obra en narrativa galega de Vicente Risco; "Do caso que ll'aconteceu ó doutor Alveiros, publicada na Coruña en "Terra A Nosa!" en 1919.

Temas: VICENTE RISCO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta