PSOE, En Marea e o BNG

Asisto atónito aos últimos movementos da esquerda Española e pregúntome como pretendemos cambiar nada se coas actitudes que se adoptan ofrécese un estado de inseguridade ao cidadán que se refuxia continuamente no menos malo antes de tentar cambiar as posibilidades da súa vida por medo a empeorar aínda máis.

Por Carlos González Armada | Vigo | 06/10/2016

Comparte esta noticia

Isto ocorre porque a imaxe de ruptura e a insensatez dalgúns personaxes políticos fan que a dereita sexa cada vez, e unha e outra vez, a única saída que se lle deixa ao cidadán, caendo ademais no erro de non facer autocrítica e despexar o erro sempre cara á cera de en fronte

Asistimos atónitos á crise radical de PSOE que veremos ata onde os leva, e se os ata agora incompetentes políticos da sua mesma franxa ideolóxica saben aproveitalo, moito témome que a estocada sexa de morte. Baixándoo  máis municipal vemos como un señor que se dedica a facer propaganda anti PP como é Abel Caballero deixa ao descuberto que as súas manifestacións son só iso, populismo e propaganda, posto que á hora da verdade termina apoiado e forma parte do sector do PSOE que quere pactar co PP...."ten que gobernar a lista máis votada"....chegou a dicir, sen establecer o máis mínima análise de cal é o tipo de democracia do noso país

O anterior dígoo porque debemos de lembrar que estamos nunha democracia parlamentaria, e non se elixe nin presidente, nin partido gobernante, elíxese un parlamento, e é despois ese parlamento electo quen elixe ao presidente e este ao seu goberno, o señor Caballero é un hipócrita e perdeu a pouca credibilidade que lle quedaba tras os casos de corrupción que lle axexan

Outro caso para estudar é o dos parlamentarios electos  en Galicia de Podemos. Dinnos que deben integrarse na marea porque é o espazo electoral adecuado para botar ao PP, cuestión que non se consegue, e dandose o caso de que xa non é posible botar do goberno autonómico ao partido de dereitas nomeado, non toman a iniciativa de disolver o pacto de integración dentro de marea para facer visible ao partido e para propoñer as políticas do programa morado, resulta que agora din que o espazo político é o de marea para facer esas propostas, co que podemos Galicia de facto está desaparecido...o único que les importa e a sua cadeira

Isto lévanos a que nos atopemos en Galicia nunha situación moi peculiar, o PSOE case non existe, Podemos Galicia está desaparecido, e as únicas forzas alternativas son o BNG coas súas formulacións ideolóxicas nacionalistas, e a Marea que resulta ser unha espazo pseudo-nacionalista igual ao que ocupaba AGE, sendo os seus líderes máis destacados Noriega Martiño militante de Anova (nacionalista), Xulio Ferreiro ex militante da parte máis radical do BNG nas súas mocidades, ou Luís Villares proveniente do mesmo espazo ideolóxico....¿e os votantes de esquerdas federalista?, ¿os Galeguistas non nacionalistas?, ¿os votantes dunha esquerda máis moderada?.....todos eses votantes que poden facer se o PSOE-PSdG e podemos Galicia neste momento non son referencia de nada....sen dúbida é hora de buscar solucións ou temos dereita para moitos anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA