Temas: TVG

A Galega estrea nova comedia, "Augasquentes"

A serie de Ficción Producciones estréase hoxe xoves a partir das 22.00 horas na Televisión de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 06/10/2016 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

“Augasquentes” é o nome da nova serie de humor da Televisión de Galicia e que se presentou este pasado mércores en Cuntis, onde se gravaron os exteriores, e onde durante dous meses e medio o equipo revolucionou a vila.

Equipo de Augasquentes, a nova comedia da TVG
Equipo de Augasquentes, a nova comedia da TVG

A serie conta a historia de Ana Ledo (María Vázquez), xuíza na cidade, que por mor dun acontecemento familiar debe visitar despois de moito tempo a súa vila natal, Augasquentes. O que alí vive levaraa a dar un cambio de rumbo na súa vida e na do seu marido e fillos (Javier Veiga e os cativos Judith Fernández e Andrés Collantes).

Ana decide quedar na vila. O que ela non sabe é o duro que vai ser ter que lidiar cos peculiares veciños de Augasquentes, interpretados por Antonio Durán Morris, David Amor, Miguel de Lira, Marcos Pereiro, Sheyla Fariña, Isabel Risco, Patricia Vázquez, Ricardo de Barreiro, Fina Calleja e Alberte Montes. A dirección correu a cargo de Jorge Casinello e Alfonso Zarauza e a banda sonora, “As feridas da alma”, foi composta por Manuel Riveiro e interpretada pola Orquestra Panorama. Esta primeira tempada constará de 15 capítulos.

Temas: TVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta