Un ex concelleiro do PPdeG no punto de mira por apoiar ao PSdeG

A Garda Civil investiga as ameazas contra quen foi número un do PP do Porriño por ter apoiado á alcaldesa socialistas, Eva García de la Torre.

Por Galicia Confidencial | O Porriño | 06/10/2016 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Ojo que te puede pasar alguna cosa”. Esta foi a misiva que recibiu Manuel Carrera, quen foi primeiro tenente alcalde do Porriño co PPdeG. Unha ameaza que chega tras o seu apoio ao PSdG para formar goberno.

Manuel Carrera, ex concelleiro do PP, e a alcaldesa do Porriño, Eva García
Manuel Carrera, ex concelleiro do PP, e a alcaldesa do Porriño, Eva García | Fonte: elplural.com

Nesta misiva tamén se ameazaba as súas fillas. Por iso, Carrera puxo en coñecemento este feito á Garda Civil, que xa localizou ADN nesa carta, o que podería dar co responsable desas ameazas. A Benemérita sospeita dun veciño que xa o ameazara con anterioridade.

Con todo, non só Carrera está no punto de mira destas ameazas. A propia rexedora tamén recibiu ao día seguinte outra misiva anónima con descualificacións. Tamén ha algunhas semanas apareceu un petardo colocado no parabrisas do seu coche oficial.

Manuel Carrera foi líder do PP no Porriño e chegou a ser concelleiro e tenente de alcalde por ese partido, que abandonou para formar o seu propio grupo político. Grazas ao seu apoio, o PSOE fíxose co Goberno municipal.

Non é o primeiro escrito ameazante que recibe. Durante a campaña das pasadas municipais Carrera tamén foi obxecto de descualificacións, aínda que non lle deu importancia ao non tratarse de ameazas directas como é neste caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta