Temas: FEIJóO RAJOY PSOE

Feijóo, satisfeito co cambio de dirección no PSOE

“Hai un cambio de actitude que pode ser bo para o país”, di o presidente galego que lle pide aos socialistas que o apoio a Rajoy non só se limite á sesión de investidura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/10/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A crise do PSOE non lle é indiferente a ninguén, e menos, ao PP, que leva semanas pendente do que acontece no partido rival para tentar actuar. De feito, o cambio na dirección socialista semella que gustou no Partido Popular. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi contundente a este respecto; “hai un cambio de actitude que pode ser bo para o país”, dixo.

Mato, Feijóo e Rajoy en Soutomaior
Mato, Feijóo e Rajoy en Soutomaior

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo quixo deixar claro que o cambio de dirixentes no PSOE pode axudar á gobernabilidade do Estado, pero tamén lle pediu máis compromiso aos novos líderes socialistas. “Espero que poidan facilitar as cousas e a gobernabilidade do país e que o fagan con mínimas garantías para que así sexa”, manifestou.

Así, o presidente galego destacou que “urxe” que España teña un goberno porque “o peor é seguir nesta situación de vacío”, que, suliñou, pode afectar ao déficit público. “Se hai un goberno e non se pode aprobar un teito de gasto pois estaremos deteriorando a imaxe de España”, suliñou.

É por iso que Feijóo, ao igual que outros dirixentes do PP, pídelle ao novo PSOE máis xestos e compromisos que un mero apoio á investidura de Mariano Rajoy. Un acordo, tácito ou non, que implicaría o apoio a determinados proxectos de lei fundamentais para o Executivo popular.

Temas: FEIJóO RAJOY PSOE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta