Un informe de Educación recomenda continuar coa redución de títulos universitarios

Nos últimos anos reduciuse en 50 o número de diplomaturas. Tamén baixou o número de másters universitarios e de teses de doutoramento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/10/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Un informe da Consellería de Educación recomenda seguir coa redución de diplomaturas e a unificación de titulos universitarios para “racionalizar” os gastos do sistema de educación universtiario.

Laboratorio de investigación da Universidade de Vigo
Laboratorio de investigación da Universidade de Vigo | Fonte: DUVI.

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta deste xoves no que destacou que, grazas a ese plan de racionalización, conseguíronse suprimir un total de 50 diplomaturas; 33% pertencente á Universidade de Santiago, 31,6 a de Vigo e 23% a da Coruña.

“Hai que seguir avanzando e unificar máis títulos que, ás veces, se imparten en dúas ou ata nas tres universidades galegas”, dixo Feijóo que insistiu na especialización de áreas por campus universitarios como un “estímulo para o autoemprego”. Así, destacou que a especialización é un requisito dos graos novos e que a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario está estudando a calidade de 23 deles.

En todo caso, matizou que non se trata de suprimir graos en todas as universidades, senón aqueles que poden estar duplicados. E puxo como exemplo Filosofía, “que pode manterse como titulación singular nunha universidade, pero non en máis”.

O informe de Educación tamén apunta unha estabilización no número de másters universitarios en torno aos 175. Un número inferior ao de 2012, cando había 230, pero moi superior aos 30 que había no 2006. Tamén descenderon as matrículas en teses de doutoramento, pasando das 143 ás 155.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta