Temas: TABACO

O 63% dos galegos ve “boa ou moi boa” a iniciativa de promover que non se fume nas praias

A Consellería de Sanidade considera que o Programa Praias sen Fume tivo boa acollida no primeiro ano e continuará traballando para "estender e mellorar a iniciativa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2016 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade considera que o Programa Praias sen Fume tivo boa acollida no primeiro ano e continuará traballando para "estender e mellorar a iniciativa".

Presentación en Baiona da Rede galega de praias sen fume
Presentación en Baiona da Rede galega de praias sen fume | Fonte: Xunta.

Diso informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen incidiu en que o 63 por cento da poboación galega considera como "boa ou moi boa" a iniciativa posta en marcha este pasado verán pola Consellería de Sanidade de promover que non se fume nos areais.

Ademais, un 25 por cento da poboación recoñece que en próximos anos escollerá praias adheridas a esta iniciativa de non fumar.

A filosofía do proxecto é educativa, de promoción da saúde e de protección do ambiente, e o seu cumprimento é voluntario.

E é que aumentar a concienciación dos usuarios das praias sen recorrer ás sancións, poñendo en valor a saúde especialmente dos máis pequenos é un dos seus principais obxectivos.

Temas: TABACO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta