EU quere ter voz propia dentro de En Marea

O Consello Nacional de EU fai unha "valoración certamente positiva" dos resultados alcanzados polo partido instrumental nas autonómicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2016 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Esquerda Unida (EU) defenderá que "se recoñeza a existencia de partes"  dentro de En Marea aínda que asegura que, nestes momentos, o debate está en como se construirá o "novo suxeito político" cara ao que a esquerda camiña.

Rubén Pérez, Eva Solla e Yolanda Díaz tras unha xuntanza da dirección de EU en Galicia
Rubén Pérez, Eva Solla e Yolanda Díaz tras unha xuntanza da dirección de EU en Galicia | Fonte: EP

Así pronunciouse en declaracións aos medios o secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, quen compareceu acompañado pola líder da formación, Yolanda Díaz, e a que foi elixida deputada de En Marea en Galicia, Eva Solla, tras a reunión do consello Nacional de EU.

Na súa intervención, tras recordar que  na unidade popular "está no ADN de Esquerda Unida, Rubén Pérez deixou claro que EU "seguirá existindo" como "suxeito político" en Galicia" xa que é "parte substancial" da esquerda e defenderá que "se recoñeza a existencia de partes" na configuración deste grupo parlamentario.

Con todo, recordou que o debate sobre a fórmula xurídica de En Marea xa está "superado". "Esquerda Unida apostou polo partido instrumental, noutras ocasións apostamos polas coalicións, ese non é o debate, o debate é como imos construír o suxeito político e aí cremos que temos que darnos un tempo porque as bases de EU, de Anvoa, de Podemos, creo que tamén quererán discutir como construímos este debate político", indicou.

Ademais, preguntado sobre o debate interno a preto do peso do nacionalismo en En Marea, Rubén Pérez recordou que a Declaración de Mazarelos que deu nacemento ao proceso de unidade popular "recolle gran parte" do discurso que xa se fixo "anteriormente con AGE". "Nese documento queda claro que quen queira construír un espazo no que a esquerda se defina como nacionalista ou non nacionalista e iso impida unha unidade popular se está a equivocar", subliñou.

NOVO SUXEITO POLÍTICO

Pola súa parte, a líder de EU e deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, tamén considerou que "agora hai que falar con profundidade do suxeito político" cara ao que a esquerda rupturista camiña e onde "hai distintas opcións no conxunto do Estado".

"Está o exemplo de Compromís, o dos compañeiros cataláns, o de Unidos Podemos, hai muchísimas formulacións e, nese sentido, o que creemos é que hai que reflexionar profundamente para saber cara a onde camiñamos", indicou.

"Entendendo que xa temos unha ferramenta instrumental, agora toca, xa sen eleccións, ocuparnos con tranquilidade e serenidade dese debate de fondo que temos que dar", indicou Yolanda Díaz.

RESULTADOS ELECTORAIS

Na súa comparecencia ante os medios, explicou que o consello Nacional de Esquerda Unida fai unha "valoración certamente positiva" dos resultados alcanzados por En Marea nos pasados comicios autonómicos nos que se converteu en segunda forza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

18 Gamela

Onde foron os cartos que Vigo regala ás concesionarias do Auditorio Mar de Vigo ? http://www.noticiasvigo.es/el-mar-d... Agora seica o PP pretende pedir explicacións cando foron eles os que chegaron a acordos con Caballero para deixar morta a comisión de investigación hai dous anos...? http://www.noticiasvigo.es/munoz-ca... Onde está agochado Chema Figueroa capo do PP de Vigo (dende 1984) e consentidor durante anos e anos este DESPILFARRO de cartos públicos ?

17 comunista independentista

A enésima entrada para que desafogue a blocallada. Nada novo. Todo vello.

1 HEHEHEHEHHEHEHE

Pero aínda así, é un lugar común no esquerdismo -ou infantilismo de esquerda- calificar a partidos como o KKE -ferramentas indispensábeis e imprescindíveis para a defensa do proletariado- de “rancios”, “sectarios” ou “desfasados” e a partidos como Syriza –auténticos monicreques da pequena burguesía progre e desclasada- de “modernos”, “unitarios”, ou “plurais”. Escrito por Moncho Lareu on 11th jul, 2012 // Cambiamos Syriza por Podemos/Mareas?? HEHHEHEHEHEHE

16 Opa esa AGE IU

Para pedir despachos con máis metros cadrados? http://www.elmundo.es/espana/2016/0...

15 Próculo

Poisom sitio de IU non vai ser outro que Podemos grazas a Yoli e Garzón, uo sexa que ide calando e respetade os acordos da Asemblea de Vigo de En Marea

14 syxa

Apareceu a Yoli só nos falta Beiras. Alguén sabe onde está???? E xa deu explicacións sobre isto? http://politica.elpais.com/politica...