Temas: CAZA XABARIL

Sábado negro para os cazadores

Un morre por disparo dun compañeiro en Melide e outro resultou ferido nunha perna en Silleda.

Por Galicia Confidencial | Melide | 09/10/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Novo día negro para os cazadores. Un deles faleceu e outro resultou ferido nunha perna. Foi este sábado en diferentes batidas que tiveron lugar en Melide e en Silleda. 

Xabarín morto nunha batida
Xabarín morto nunha batida | Fonte: stopcaza.org

Na localidade coruñesa, un home de 51 anos, J.B., faleceu tras sufrir un disparo mentres participaba nunha batida de caza de xabaril. Segundo informaron a Europa Press fontes dos servizos de emerxencias, o home morreu tras recibir un disparo no peito.

Ata o lugar desprazáronse efectivos das forzas da orde, Protección Civil e Policía Xudicial da Garda Civil, así como o helicóptero medicalizado do 061, cuxos sanitarios só puideron certificar a morte do home. Tamén acudiu un forense para o levantamento do cadáver.

Posteriormente, o helicóptero medicalizado acudiu a outro accidente de caza acontecido na localidade pontevedresa de Silleda, onde un cazador resultou ferido nunha perna cun disparo. A vítima foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago.

Temas: CAZA XABARIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Breoghain

Dacordo com anteriores comentários.

2 Hermerico

As populaçons animáis já se "controlam" elas. A única populaçom que há que controlar é essa espécie que acaba com todas e altera o seu médio. O elemento este era veterinário da Junta. Ficam claras as suas afinidades e o seu amor polos animais. E o que importa, quantos seres inocentes mortos por estes cabrons este fim-de-semana?

1 nostrus

El cazador sensato hace la misma funcion que un jardinero con las plantas. Y los ecopeteros y cazadores furtivos que sepas que somos los cazadores los que mas los asqueamos. Resulta que aqui los que se consideran de izquierdas son los que mas desean una Naturaleza descontrolada sabiendo que la Naturaleza es de extrema derecha, de ahi el dicho de que la derecha es la ley de la selva. Ah!, se me olvidaba, para cabr*nes los de tu especie.

1 lobisome do monte

soamente se pode entender como control de poboacións, ou para comer... pero andar matar os bichos por divertirse, como non teñen nada que facer collen a escopeta... parece de tontos profundos...