Unha parella de Padrón quere chamarlle Escolopendra á súa filla

A parella recibiu unha comunicación do rexistro civil de Padrón na que lles negaban a inscrición da súa filla co nome escollido por eles.

Por GcToday | Padrón | 18/10/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Segundo indica a notificación o nome pode ser ofensivo ou prexudicial para a pequena e lle recomendaba un nome moito máis bonito e que non lle causara danos psicolóxicos como Dolores ou Encarnación.

O cura da parroquia padronesa de Carcacía xa avanzou que se negaría a bautizar unha Escolopendra e que soamente aceptaría tal encomenda se lle chaman María Escolopendra posición que foi ratificada polo arcebispado de Santiago de Compostela.

A polémica lembra á que aconteceu este verán cos pais que tiveron problemas para inscribir ao seu fillo co nome de Lobo e converteuse nunha odisea que pasou por unha recollida de sinaturas na plataforma Change.org e o caso rematou no xulgado que, finalmente, permitiu que o rapaz puidese ser inscrito co nome que escolleron os seus pais.

Os pais galegos xa se puxeron en contacto coa parella madrileña e xa comunicaron á prensa que foron asesorados dos pasos legais e xurídicos que deron eles na súa victoria contra o sistema.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Nexus 6

Si es que el refrán es de viejo, y en este caso viene muy al caso: hay gente para todo. Debería haber una especie de guía que recogiese qué clase de nombres no es posible ponerle a un niño/a. Los Kevin, Jessica, Jonathan, Maik (así, como está escrito, he conocido yo a uno)...también conocí a un niño de 5 años al que los padres pusieron Atila...eso no debería permitirse en niños españoles, sobre todo pensando en la cantidad de hermosos nombres en nuestras 4 lenguas oficiales. peninsulares.

1 Nexus5

Peninsulares, que gran tabaco.