Temas: RELIXIóN

Morre o cura obreiro de Fene

Evaristo Lorenzo Orol foi consiliario da Delegación de Pastoral Obreira e exerceu como profesor do Instituto de Ciencias Relixiosas en Ferrol.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 10/10/2016 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Evaristo Lorenzo Orol, o cura obreiro que chegou a estar detido polo seu compromiso coa defensa da veciñanza da parroquia de Lago (Xove), faleceu esta fin de semana en Ferrol.

Evaristo Lorenzo Orol
Evaristo Lorenzo Orol | Fonte: mondonedoferrol.org

Lorenzo Oro nacera en Recaré (O Valadouro) no 22 de setembro de 1940. Fixo os estudos eclesiáticos no seminario de Mondoñedo e recibiu a ordenación sacerdotal en Mondoñedo no 29 de xuño de 1966. Con posterioridade a esa data, exerceu en San Mateo de Trasancos entre 1977 e 1978 e neses anos foi profesor de Relixión no instituto Sofía Casanova.

En 1978 chegou o cura de Recaré a un novo destino, desta vez na Mariña, concretamente ás parroquias de Lago e Morás, ás que incorporou máis tarde o servizo na de Castelo. Uns anos máis tarde, o cura foi designado párroco da Gándara, en Narón, onde levaba 28 anos desempeñando o seu fecundo ministerio pastoral e onde a veciñanza lle tributou unha cálida homenaxe con motivo da súa xubilación.

D. Evaristo Orol, que fixera estudos de Ciencias Sociais en Madrid, desempeñou o cargo de consiliario da Delegación de Pastoral Obreira e exerceu como profesor do Instituto de Ciencias Relixiosas en Ferrol. Que o coñece destaca del o seu compromiso cos máis débiles e necesitados, o que lle valeu unha detención.

Temas: RELIXIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xabier

Grande home e grande pessoa. Que a terra lhe seja leve.