Temas: MIñO SALVATERRA

Protestas contra a construción dun pantalán en Salvaterra

A asociación Lazoiro presenta alegacións nas que denuncia os efectos que terá no medio ambiente.

Por Galicia Confidencial | Salvaterra | 10/10/2016 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

A construción dun pantalán en Salvaterra non acaba de convencer a todos. A Asociación Lazoiro presentou xa no Concello unha recompilación de alegacións ao proxecto que pretende construir un pantalán onde se atopa actualmente o embarcadoiro do antigo transbordador.

Lugar onde se quere construir un pantalán en Salvaterra
Lugar onde se quere construir un pantalán en Salvaterra

O documento presentado, que constaba de seis puntos principais, critica principalmente as problemáticas ecolóxicas que poden derivar do proxecto, valorado en case douscentos cincuenta mil euros.

Deste xeito, nun primeiro momento cuestionase a necesidade de levar a cabo a construción, considerando a existencia do embarcadeiro actual. Tamén se fala do efecto sobre a flora e fauna, en especial sobre certas especies protexidas, a baixa viabilidade do estudo de viabilidade medioambiental ou a necesidade de informar á administración portuguesa, debido a súa proximidade e ao atoparse  dentro dunha  zona compartida baixo a o amparo legal  da REDE NATURA 2000.

O Proxecto do Pantalán en Salvaterra, "ademais de estar integramente escrito en castelán", segundo apunta esta asociación, "ignora a Lei Orgánica de Protección de Datos, ao non referirse en ningún momento a ela tendo en conta que contará cun sistema de videovixilancia".

Temas: MIñO SALVATERRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta