GC Aberto

Esperpento na UNESCO

A propósito da UNESCO, a Catedral de Santiago e Galicia.

Por GalizaIsrael (http://www.galiza-israel.org) | GC ABERTO | 15/10/2016

Comparte esta noticia

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) queremos manifestar a nosa condena e o noso máis radical rexeite á resolución aprobada onte pola UNESCO (24 votos a prol, 26 abstencións e 6 en contra) na que de xeito delirante négase o vencello histórico do pobo xudeu cos seus lugares fundacionais en Xerusalén, nomeadamente o Monte do Templo (Muro das Lamentacións).

Catedral de Santiago
Catedral de Santiago | Fonte: periodistadigital.com

Evidentemente a UNESCO podería de igual xeito aprobar por “maioría” que o Sol xira ao redor da Terra, que a Terra é plana, que as Pirámides non teñen relación con Exipto ou incluso que a Catedral de Santiago non ten relación histórica, cultural e relixiosa con Galecia e tería o mesmo rigor científico e histórico da resolución aprobada onte por iniciativa de varios estados musulmáns: Exipto, Alxeria, Marrocos, Líbano, Omán, Catar, Sudán e a Autoridade Palestina.

Ninguén con honestidade intelectual pode dubidar de que o pobo xudeu ten vencellos históricos, nacionais, culturais e relixiosos coa Terra de Israel. Calquera intento de negar estes vencellos é unha burda terxiversación da ciencia. Que a UNESCO incomprensiblemente estea a botar unha man en tal terxiversación é un tráxico testemuño do penoso estado actual das institucións da ONU. A conexión xudía con Xerusalén foi unha constante desde a antigüidade até os tempos modernos.

Durante máis de 3.000 anos esta conexión xogou un papel fulcral e sustentador na historia do pobo xudeu, política, nacional. espiritual e culturalmente. Xerusalén tamén é innegablemente parte fundamental no desenvolvemento da Civilización Occidental, e a resolución aprobada pola UNESCO atribúe só ao islam ese vencello con Xerusalén, negando tamén esa fonda raigame cristián cos Santos Lugares da capital de Israel.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) e como cidadáns e contribuíntes -e xa que logo financiadores a través do estado español do orzamento da UNESCO-, recomendamos vivamente á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) que atenda aos moitos e importantes temas e retos que ten pendentes no mundo. Porque cando este organismo foi fundado pola comunidade internacional en novembro de 1945 déronselle coma obxectivos contribuír á paz e a seguridade no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións. Precisamente todo o contrario do que representa a vergoñenta resolución aprobada onte.

Vigo 14 de outubro de 2016

www.amizadeconisrael.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galegoexiliado

Quén paga manda, e xa fai anos que os islamodólares financian ós funcionarios da ONU e os seus inútiles organismos. O mais lamentable foi ver como o representante de Españistán se abstiña na votación poñendose a carón do islamofascismo, o mesmo que destrue os budas ou Palmira. Non por moito axionllarse os islamofascistas vos van a querer mais, nin van a aceptar as vosas costumes democráticas e do século vinteún. Pero bueno, hoxe o progre é cool e apoiar esa civilización que tanto gustaba zapatero e os seus admiradores progres. Supoño que a seguinte tontería da unesco será negar toda relación hispana con Cordoba ou Granada, co voto do representante españistaní .

1 anonimo

Sen reparos estou de acordo coa valoración que fai AGAI respecto a vergonzante resolución da UNESCO. Matino que a paz entre palestinos e israelís - por min tan arelada -, non vai acadar con semellantes resolucións. Que Palestina faria ben en rexeitar, se realmente quere a paz, como verbalmente manifesta. Lo Pèire d'Adenui 40 802 593