Regalar cestas ou lotes de Nadal non ten porque ser caro

A crise e o comercio electrónico provocaron unha reconversión nun sector que move unhas cifras moi importantes. Agora hai máis oferta e a prezos moito máis diversos.

Por GC Emprende | A Coruña | 14/10/2016 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A crise económica reduciu considerablemente os agasallos que reciben os empregados polas festas de Nadal. Moi lonxe parecen os tempos de 2011 nos que, por exemplo, o Goberno de España se gastaba 2,1 millóns de euros en cestas para os seus empregados. 

Cestas de Nadal de gama alta
Cestas de Nadal de gama alta | Fonte: navipack

Algo similar sucedeu coas familias. Nos tempos do boom económico, segundo datos do Ministerio de Agricultura en 2007, o 2,2 por cento dos fogares compraba  algún tipo de cesta  para si ou para a familia e un 9  por cento  facíao como agasallo. Máis do 50  por cento das familias aseguraba recibir algunha cesta por esas datas e estimábase que as empresas regalaban máis de 1,4 millón de cestas cada Nadal. 

A recesión económica reduciu este mercado case á metade pero, asemade, impulsado polo crecemento do comercio electrónico, disparouse a competencia e diversificouse moitísimo as ofertas. Se antes a penas había unhas poucas opcións de diferentes tipos de cesta; hoxe pode encargarse pola Rede unha infinidade diferente de cestas, lotes, paquetes máis cativos, caixas de aceites, xamóns, etc. Como sucedeu noutros sectores económicos, a recesión supuxo unha reconversión importante do sector, pero non como se chegou a temer a finais de 2008 -cando nun só ano o sector caeu case un 30 por cento- a súa desaparición. 

En definitiva, son menos que antes pero aínda así son bastantes numerosas as compañías e administracións que seguen querendo ter un detalle cos seus empregados e amigos nesas datas tan especiais. Un bo consello para os xerentes que non queren evitar as sorpresas de última hora e facer os deberes con tempo e ir seleccionando un provedor de confianza.

Para tal fin, a Internet ofrécenos un feixe moi amplo de posibilidades. Unha opción a ter en conta para aqueles que non queren prexudicar demasiado o seu peto son os lotes de navidad. Con tempo podemos atopar ofertas realmente económicas. Por exemplo, en Navipack o máis barato parte de só 8,8 euros e inclúe cava, viño branco, viño tinto, turrón de chocolate, turrón con frutos secos, polvoróns e barquillos. Aqueles que prefiran a tradicional cesta de navidad terán que gastar algo máis, dende uns 40 euros a máis barata . Hainas tamén de auténtico luxo, que inclúen verdadeiras delicattesen como xalea real de rosas, paté de perdiz vermella, xamón ibérico de porcos alimentados só con bellotas e whiskey de 12 anos. Claro que nestes casos, os prezos poden dispararse até case os 500 euros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Iñaki Urrutia

La verdad que las cestas de navidad, cada jefe se gasta lo que quiere, a mi el año pasado me regalaron una cesta de navidad grandísima con Jamón curado y vino y unas tarjetas con felicitaciones de navidad para clientes de empresas y la verdad que me sentí muy bien, nuestra empresa nos trata muy bien y ya se acerca la navidad de este 2017/2018 y viene cargada de sorpresas por parte de la empresa jeje.