Como persuadir aos clientes cun discurso sedutor

Marcelo Castelo ofrece unha charla especialmente pensada para axudarnos a pechar tratos. O escritor é o único membro galego de Thinking Heads, unha plataforma de influencia que conta con colaboradores do nivel de Mario Vargas Llosa, Joseph Stigliz, Mijail Gorbachov ou Felipe González

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 17/10/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O experto en comunicación persuasiva e liderazgo e único membro galego da axencia internacional Thinking Heads, Marcelo Castelo, impartirá o vindeiro martes, 18 de outubro, unha conferencia maxistral na Cámara de Comercio de Santiago titulada “A arte de conVencer”, para a que xa se cubriron todas as prazas. O vicepresidente da entidade, José Luis Rodríguez Dacal, presentará o encontro que se celebrará ás 20:00 horas no salón de actos da sede cameral.

Marcelo Castelo
Marcelo Castelo

O obxecto da charla será destacar a importancia da forma de comunicar e as súas consecuencias na vida persoal e profesional dos individuos. Marcelo Castelo dará as claves e técnicas para falar de forma persuasiva ante unha persoa ou un auditorio e poder presentar e defender con éxito ideas, proxectos ou mesmo servizos.

Marcelo Castelo explica que para persuadir a un cliente o empresario debe coñecer ben primeiramente as súas necesidades e saber se realmente o produto ou servizo que se ofrece é o mellor para o cliente. Pero fundamentalmente o experto sinala que o enfoque non é como convencer ao cliente de que un produto concreto é o máis axeitado para el, senón que o que tería o empresario que preguntarse é son un profesional persuasivo ou non o son?, e en caso negativo, a seguinte cuestión sería, que necesito cambiar para ser máis persuasivo?

“Cuando esperamos que sea el producto el que venda estamos inconscientemente externalizando nuestra capacidad de persuasión, lo que evidencia que nosotros, como profesionales, no confiamos excesivamente en nuestro producto de cabecera: nosotros mismos” –indica Castelo, que ademais considera que despachar é moito máis sinxelo que vender, argumento que se evidencia na venda de servizos xa que ao non ter tanxibles polo medio o único real que percibe o cliente é ao vendedor. 

Lembrando os inicios da arte da retórica, desde a época de Aristóteles ata os actuais manuais de persuasión realizados por medio de rigurosos estudos, Marcelo Castelo destaca que as técnicas de venda máis eficaces son as que logran que o cliente confíe no vendedor. “Es más importante cómo transmitimos el mensaje que el mensaje en si. Toda nuestra gestualidad tiene que tener coherencia con nuestra comunicación verbal. Pero que nadie se crea que la persuasión es solo una fachada. Si fuera tan sencillo todos lograríamos siempre lo que nos proponemos y todos los actores cumplirían sus sueños y eso está muy lejos de ser una realidad” –argumenta–. 

Ademais de ser o único integrante de Thinking Heads que desenvolve a súa actividade profesional en Galicia, acompañando a figuras destacadas como Mario Vargas Llosa, Joseph Stigliz, Mijail Gorbachov ou Felipe González, Marcelo Castelo é autor da teoría de comunicación “La transición de fase” e do libro “El cliente ha muerto. ¡Viva el cliente!”, obra recomendada pola Asociación Española de Responsables de Compras y Aprovisionamientos (AERCE). O escritor, divulgador e conferenciante está especializado na preparación de candidatos a xefaturas de servizo de hospital e a prazas do máis alto nivel das Administracións Autonómica e Estatal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta