O Bloque vese con forzas para ser a alternativa a Feijóo

O BNG celebrou este sábado os resultados das eleccións autonómicas. Non como se fosen os dunha vitoria, pois os nacionalistas perderon un representante, pero si con certo grao de satisfacción.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/10/2016 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Ana Pontón considera que os resultados do 25S “son un paso adiante para a consolidación do proxecto nacionalista, vento nas nosas velas que nos ten que permitir avanzar cara o noso obxectivo: unha Galiza dona do seu futuro, próspera, con igualdade, liberdade e vida digna”. A voceira nacional da fronte  fixou como obxectivo que o BNG sexa a principal alternativa ao PPdeG nas próximas autonómicas. 

Pontón e os deputados do BNG na romaría de Belvís
Pontón e os deputados do BNG na romaría de Belvís

Acto de agradecemento á militancia e de presentación dos seis deputados

Durante un acto de celebración ante medio millar de militantes e simpatizantes para a presentación do grupo parlamentario no Parque de Belvís en Santiago, prometeu traballar dende xa para “para liderar a alternativa que sitúe ao Bloque como referencia do cambio que máis cedo que tarde vai producirse na Galiza”. 

Na súa alucución Pontón non realizou ningún ataque contra as mareas ou o PSdeG. Todos os seus dardos foron dirixidos contra Alberto Nuñez Feijóo.

“Feijóo debe dicir se está do lado de Galiza ou do lado do PP e dos intereses da grande banca e das construtoras madrileñas”, sinalou. A nacionalista argumenta que o presidente da Xunta debe aproveitar a súa próxima cumbre coa presidenta de Madrid para garantir que “non se vai destinar nin un só euro dos galegos e das galegas para rescatar esas nefastas autoestradas madrileñas”. A fronte insitiu unha vez máis na necesidade de rescatar a AP9.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 Souto

So dicervos que acértachedes de pleno nas dúas campanhas electorais. Con Carlos Calhón, ainda que non tocara nese momento ir a Madrid e con Ana Pontón. Fixéchedes unha cousa magnífica, propia de xente que sabe, cando menos, para mín. Sitúar a Galiza na vangarda social e política fronte as demais formacións. Facianos moita falha. Xa sabedes, o da autoestima e complexos varios. De exemplo Fernán Vello. Moi ben polo BNG. Eu xa o sabía. Pero a meirande parte dos galegos non sabían que aquí tamén sabiamos estar na vangarda. Douvos un 10.

1 Souto

Non é que souberamos estar na vangarda. É que viviamos na vangarda. Vós, o que fixéstedes foi que nós deixáramos de ser invisíbeis. Grazas. Muito obrigado.

9 Galego

Estades desexando que desapareza o nacionalismo galego e valevós calquer tontería para críticalo, seguiremos loitando porque Galicia nom se diluia e perda a súa cultura, economía, Benestar, paisaxe... Dentro do estado español como queren algúns, viva Galiza sexa dentro do estado español ou fora si chega a ser necesario.

1 Comunista

A ver, unha cousa é o nacionalismo galego e outra é o BnG. Non son o mesmo por moito que volo repitan os coroneis na cataquese blocalla. O día no que vos decatedes dalgo tan básico coma isto ides ser máis útiles pra Galiza e, sobretodo, máis felices.

2 Daiwa

Comunista, non mintas, ti desde as elecións estás moi disgustado. O pior está por vir compañeiro. Vai aforrando vágoas de crocrodrilo...

3 Galego

Comunista cada día coinciden máis con nostrus, nom serás bipolar.

8 O que hai que ouir

O Bloque debe estar a facer as cousas ben cando Facha-Nostrus e o resto de "Galegos-españois de Bien" coinciden nos seus comentarios.

7 Canutosnocivos

A seita upegalla delira, sen dúbida froito do seu enfermizo illamento e do consumo de todo tipo de sustancias nocivas. Unha cousa é que non desaparecesen dunha vez - cousa que todo galego honrado ve positiva - e outra moi distinta que se crean qu teñen futuro. Salvaron os mobles grazas a que o alternativas PSOE-Podemos non tiveron candidato ata dous meses antes, e que estes eran totalmente descoñecidos, pero eles puxeron a Pontona, unha loba upegalla e con pel de cordeiro, fiel monicreque de Bautista, Paco, Nestor e Pilar, sen máis oficio que a política, pero bastante coñecida. Con todo non son máis que un grupo marxinal, totalmente desconectado da realidade galega.

6 nostrus

"O Bloque vese con forzas para ser a alternativa a Feijóo". Despois desta sesuva vision podemos chegar a varias conclusions: 1º que o bloque sufra dunha enfermidade mental transitoria ou permanente similar a que sufren os anorexicos que se ven gordos inda que estean como fios, 2º que ao bloque o enganen como incautos e que eles o crean, 3º que o bloque minta, cousa bastante probable debido a sua aficion pola mentira constante ao pobo galego, 4º que as aspiracions do bloque sexan ir a menos en vez de a mais 5º que o bloque pretenda ser simpatico 6º que o bloque tome por t*nto ao pobo galego. BNG e sinonimo de fanatismo e atraso ao mesmo tempo.