A entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón

Posto que tivemos moitas peticións ao respecto, tamén vos enviamos un enlace onde podedes ver a entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón no programa Foro Aberto, o substituto de 'Hai Debate', e no que o entrevistador entra a discutir co seu entrevistado emitindo opinións persoais incumprindo certas normas básicas dunha entrevista. Podes velo aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/10/2009 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 113 comentarios

93 Sandokán

Eu non o vín saír airoso senón co rabo entre as pernas, desorientado, contradicíndose...

92 Un que leu

a) Que a cuestión lingüística foi fundamental nas eleccións será opinión persoal de CLR. Algunha enquisa non parece confirmalo, por certo.

b) O presidente da MNL referiuse a organizacións de pais ou nais de alumnos que apoian o Decreto. Falar de consensos é sempre arriscado, desde logo; falar no nome de sectores enteiros, tamén: todos.

c) En ningún momento encontro a explícita equivalencia manifestación = plebiscito. Sería un abuso, claro; á enquisa, chegoulle ben.

d) O presidente da MNL contesta que son a primeira asociación cultural do país (en número de asociados, parece que é real). Por certo: non é “é subvencionada, é foi“. Observemos, con todo, a diferenza entre subvencionar e achegar os fondos e infraestruturas necesarios para desenvolver un simposio de intención política (lingüística, claro: supoño que iso é obvio).

e) Xaora, non estivo todo o PSOE; si que estaría a maior parte do BNG; e houbo tamén algún PP. ‘Todo o mundo’ é unha forma de falar certamente imprecisa; CLR entrou no xogo de validar un lugar común, discutíndoo: se había contradición, non sei se foi unha gran maneira de amosala.

f) O Presidente alude á diversa composición do corpo asociado, recoñecendo que en gran maioría é tendencia BNG; realiza tamén referencia crítica -leve e de paso, pero crítica- á política lingüística do anterior goberno.

g) Están no mesmo rexistro un entrevistador e o representante dunha postura de parte? O presidente cuestiona o léxico connotado do entrevistador. Colócase o entrevistador, coa súa resposta, na posición politicamente contraria? Xustifica coherentemente a súa actuación profesional? Que persegue, que consegue?

Carlos Callón debe ter contradicións. Mesmo vostede, meu concorrente, terá as súas. Ora ben, non me parece que no desempeño de Carlos Luis Rodríguez destacase mostrar as do primeiro.

É o que a min me parece. Un saúdo xeral, na fin de semana non poderei ler.

91 Un que leu

a) Que a cuestión lingüística foi fundamental nas eleccións será opinión persoal de CLR. Algunha enquisa non parece confirmalo, por certo.

b) O presidente da MNL referiuse a organizacións de pais ou nais de alumnos que apoian o Decreto. Falar de consensos é sempre arriscado, desde logo; falar no nome de sectores enteiros, tamén: todos.

c) En ningún momento encontro a explícita equivalencia manifestación = plebiscito. Sería un abuso, claro; á enquisa, chegoulle ben.

d) O presidente da MNL contesta que son a primeira asociación cultural do país (en número de asociados, parece que é real). Por certo: non é "é subvencionada, é foi". Observemos, con todo, a diferenza entre subvencionar e achegar os fondos e infraestruturas necesarios para desenvolver un simposio de intención política (lingüística, claro: supoño que iso é obvio).

e) Xaora, non estivo todo o PSOE; si que estaría a maior parte do BNG; e houbo tamén algún PP. 'Todo o mundo' é unha forma de falar certamente imprecisa; CLR entrou no xogo de validar un lugar común, discutíndoo: rigor. Pois vale.

f) OPresidente alude á diversa composición do corpo asociado, recoñecendo que en gran maioría é tendencia BNG; realiza tamén referencia crítica -leve e de paso, pero crítica- á política lingüística do anterior goberno.

g) Están no mesmo rexistro un entrevistador e o representante dunha postura de parte? O presidente cuestiona o léxico connotado do entrevistador. Colócase o entrevistador, coa súa resposta (seica autoxustificativa), na posición politicamente contraria?


Carlos Callón debe ter contradicións. Mesmo vostede, meu concorrente, terá as súas. Ora ben, non me parece que no desempeño de Carlos Luis Rodríguez destacase mostrar as do primeiro.

É o que a min me parece. Un saúdo xeral, na fin de semana non poderei ler.

90 Antón Salgado

Eu coido que Callón non o fixo mal.Se cadra Beiras ou Camilo Nogueira serían máis brillantes.O que pasa é que non hai moita xente dese nivel no mundo.

E non hai que ter medo nin ser fascista e pedir que despidan a un xornalista.Xornalistas fachas hai moitos. O mundo é máis complexo que un debate dos pitufos da UPG

89 anónimo

SI xa se ve que ten pouco coraxe para sair sen tacha e airoso dunha encerrona mediática ou é tan ensimismado que nunca se lle ve con xente, só con acólitos (+de 3500 amigos), e que é un dos impulsores das duas manifestacións mais numerosas na defensa do idioma propio (progresión ascendente por certo en apoios). Non xa da historia da autonomía senón da historia de Galicia. O tio o que é pois un crack.