Os tres grandes grupos de En Marea terán visibilidade no Parlamento

Antón Sánchez (Anova) e Carmen Santos (Podemos) serán vicevoceiros de En Marea, mentres que Eva Solla (EU) será proposta para a vicepresidencia segunda da Mesa. Os tres grupos da oposición reuniranse para manter un encontro de traballo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2016 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Os deputados electos Antón Sánchez (Anova) e Carmen Santos (Podemos) acompañarán a Luís Villares na viceportavocía primeira e na segunda, respectivamente, do Grupo Parlamentario de En Marea, menres que Eva Solla (Esquerda Unida) será proposta para a vicepresidencia segunda da Mesa do Parlamento de Galicia.

Carolina Bescansa, xunto con Carmen Santos, Antón Sánchez e outros dirixentes de En Marea en Ourense
Carolina Bescansa, xunto con Carmen Santos, Antón Sánchez e outros dirixentes de En Marea en Ourense | Fonte: EP

En Marea, partido instrumental apoiado por varias formacións políticas pero de adscrición individual, concreta así as súas principais responsabilidades, que ocuparán finalmente os cabezas visibles dos tres grandes grupos que compoñen esta coalición; Anova, Podemos e Esquerda Unida.

Así, Sánchez, dirixente de Anova con experiencia parlamentaria previa, xa que foi deputado de AGE na pasada lexislatura e ocupou mesmo a portavocía parlamentaria en substitución de Xosé Manoel Beiras será viceportavoz. Un posto no que volve repetir. Estará acompañado da secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, que tamén servá viceportavoz.

A elixida para ocupar a vicepresidencia segunda da Mesa, Eva Solla, é militante de EU e tamén ten experiencia parlamentaria xa que foi deputada na pasada lexislatura. Precisamente, o propio Villares, ademais de ratificar estas propostas e a dos que participarán nas comisións da Cámara, confirmou que na tarde deste martes representantes dos tres grupos da oposición (En Marea, PSdeG e BNG) prevén manter un encontro de traballo.

Abordarán a repartición de postos institucionais na Mesa e outras cuestións como a situación dos grupos no Pazo do Hórreo. Villares incidiu en que a En Marea non lle abonda coas instalacións de AGE. "É unha cuestión de espazo, a familia foi crecendo e necesitamos instalacións que se adapten", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 3AjJ

Todo o que poña da Marea, O BNG ou UPG máis, rebota rebota y en tu culo explota, caca, pedo, culo, pis.... Estes son os argumentos dos detractores do nacionalismo galego que lles fodeu máis que o BNG nos desaparecera que o Narco e máis Rajoy sigan a gobernar, gracias podemitas por vir mudalo todo pero a realidade e que estamos peor que antes, Seguide defendendo a uns Guarda Civís que se meten nunha herriko taberna a asoballar a xente, seguro que eran íntimos amigos dos violadores ou dos asasinos do siareiro do deportivo

3 Vieiras

Espero que Palleiro de Chantada sexa contratado como asesor no parlamento galego, agora que todos teñen algo menos CErna, quero pensar que os de Cerna tamén temos dereito a ter a nosa representación, todos con PALLEIRO...

2 Unha galeguista

Pasastes de rirvos do BNG a pedir o seu apoio en Ferrol, A Coruña... Aínda lembro o veto a unha muller nacionalista para presidenta da Deputación da Coruña. Lembrades xente da Marea? Preferides ao PSOE con tal de fastidiar ao BNG. E en Madrid preferides ao PP con tal de sorpasso ao PSOE. Agora teremos Rajoy para anos. Entre o malo e o pésimo hai que escoller ao malo. Anos perdidos para o nacionalismo e galeguismo por culpa de IU-Podemos. En fin...

1 O Freire

Tonteria suprema papagaia da UPG-Bloque: o apoio de Podemos non garantia un goberno de "progreso" (riamos de tal co PsoEspañol e cos falabaratos de Podemos), ben sabes que estaban Ciudadanos (ultraliberais, dereita sen complexos e españolismo), e que a direccion do PsoE preferiu o suicidio do partido a contar cos nacionalistas. Logo menos mentiras! E os do Bloque seguide alimentando criaturas como Carmela Silva ou Formoso, igual que criastes Caballeros e Orozcos, "males menores", para quen non os soporta.

1 Ted Flanders

a ver home! En Marea una! En Marea grande! en Marea Libre! Arriba En Marea!!! ai tedes as tres voces de En Marea no Parlamento Galego.

1 Balbino Fernández

Se foran mantid@s da UPG, Ted Flanders adoraria... A outros danos igual noxo as ratas amamantadas a ritmo de Zarzuelas (española, claro, toque Paco, animara Bautista ou cante Néstor) que as mareadas (españolizadas, por suposto, cando non diretamente españolistas). Son voces mantidas, farsantes a chupar.