Falece un mozo que circulaba en sentido contrario pola autovía A-54

Un mozo duns 22 anos de idade faleceu este mércores nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar un turismo e un camión na autovía A-54 en Santiago de Compostela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2016 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

Un mozo duns 22 anos de idade faleceu este mércores nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar un turismo e un camión na autovía A-54 en Santiago de Compostela.

Accidente de tráfico na autovía A54
Accidente de tráfico na autovía A54 | Fonte: CRTVG

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 12,00 horas na A-54 sentido Lugo, á altura da saída da Sionlla, entre un coche e un camión que ía baleiro.

Tras recibir a alerta deste accidente grave, foron mobilizados os Bombeiros de Santiago, que desprazaron dous vehículos e nove efectivos; a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Fontes sanitarias explicaron a Europa Press que o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e o helicóptero medicalizado con base en Santiago, o médico da cal confirmou o falecemento no lugar dun varón, J.C.F., de 22 anos e veciño da poboación coruñesa de Milladoiro..

VEHÍCULO EN SENTIDO CONTRARIO

Uns minutos antes do accidente un camioneiro indicou ao 112 Galicia que un vehículo entrara en dirección contraria na A-54, polo que a Garda Civil de Tráfico procedeu a investigar os feitos.

A A-54 sentido Lugo foi cortada á circulación no lugar a raíz do sinistro, segundo confirmaron fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DGT).

A GUARDIA CIVIL CONFIRMA QUE ÍA EN SENTIDO CONTRARIO

O mozo falecido no choque rexistrado este mércores na autovía A-54 ao seu paso por Santiago de Compostela conducía o turismo implicado que circulaba en sentido contrario pola citada vía. Así o confirmou a Garda Civil, que indicou que o turismo sinistrado, conducido pola vítima, circulaba en sentido contrario polos carrís da A-54 dirección Lugo.

O sinistro tivo lugar en concreto ás 11,55 horas deste mércores no quilómetro 85,9 da a-54 sentido Lugo, no termo municipal de Santiago de Compostela, cun turismo Citroën Xantia e un camión Scania con semiremolque implicados.

O Equipo de Atestados de Santiago instruíu as dilixencias para esclarecer as causas deste sinistro, que serán remitidas ao xulgado competente, o de Instrución de garda de Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta