Feijóo lamenta que o seu boicot na USC non tivese a mesma repercusión que o de Felipe González

“Semella que se es dun determinado partido pois hai máis posibilidades de falar na universidade que se es doutro”, di o presidente da Xunta que sae en defensa do ex presidente socialista. Acusa directamente a Podemos de estar detrás das protestas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/10/2016 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Felipe González e Alberto Núñez Feijóo non tiñan moito en común, agás ter sido presidentes, un de Galicia e o outro do Estado. Pero nas últimas semanas, a crise do PSOE e o posicionamento do ex líder socialista cara a un entendemento co PPdeG foron moderando as opinións que, ata entón, del tiña o xefe do Executivo galego. Unha opinión que aínda se fixo máis favorable tras o acontecido este mércores na Universidade de Madrid logo dun boicot dun grupo de estudantes que impediu que González impartira unha conferencia.

Un grupo de estudantes protesta contra Felipe González na Universidade Autónoma de Madrid
Un grupo de estudantes protesta contra Felipe González na Universidade Autónoma de Madrid | Fonte: EP

E, aínda que Feijóo se solidarizou con el, e mesmo saíu na súa defensa, o certo é que tamén criticou que os boicots aos políticos nas universidades non sexan valorados do mesmo xeito en función das cores políticas. “Non entendo porque algunhas veces uns teñen máis repercusións”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta deste xoves.

Referíase o presidente galego ao que a el lle aconteceu hai dous anos cando un grupo de alumnos se concentrou diante da Facultade de Matemáticas da USC. Alí tiña que inaugurar a XV Conferencia de Directores de Matemáticas. Ao chegar ao acto viu que había un grupo de estudantes concentrados coreando consignas contra el, entre elas “fascista”,e contra as súas políticas, tal e como relatou GC no seu día. Os estudantes permaneceron diante da porta da facultade e o presidente galego agardou no seu coche oficial coa súa escolta. Estivo alí un anaco ata que, finalmente, decidiu non entrar.

“Semella que se es dun partido tes máis posibilidades de falar na universidade que se es doutro, aínda que non quero eu que isto se interprete como unha comparación con Felipe González”, suliñou. Por iso, insistiu en solidarizarse co ex presidente español e dixo que o non deixar que se expresara “é un síntoma de intolerancia máxima”. “Que un presidente democrático non poida falar pola actitude antidemocrática duns poucos é execrable e que haxa quen di que eses plantexamentos son razoables pois acredita cal é a postura desas persoas”, agregou.

“Son os de sempre. Os que non cren na democracia e utlizan a liberdade como lles peta”, suliñou en alusión aos manifestantes. De feito, foi moito máis alá ao vincular a Podemos con esta protesta. “Dá a impresión que a certa organización lle vai ben, novamente, tensionar a rúa e dar medo”, indicou. En todo caso, Feijóo quixo deixar claro que a postura destes estudantes non representa ao conxunto dos universitarios españois. “Os mozos non son como eses”, aclarou.

Protesta estudantil na Universidade da Coruña contra as políticas de Feijóo
Protesta estudantil na Universidade da Coruña contra as políticas de Feijóo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

9 pino

home o seu perfil é tan baixo que a propia voz agábase continuamente dunha política que nos leva as previsións de perder 250000 habitantes.Todolos votantes son responsables e deben rezar porque este invento non estoupe.

8 Fernando Nogueiras

Estou de acordo con Núñez Feijóo. A democracia é poder falar sen ameazas.

1 Hermerico

Sem amenazas da inquisiçom espanhola, com as susa "apologías". Nom do franquismo, claro

7 Jorge

E logró de qué partido eres, Feijoo? Porque non me quedou claro estas eleccions... XD

6 galegoexiliado

Pois nada, chama aos teus amigos da capital, que che organicen una conferencia na Complutense, buscalle un título ben provocativo, e..... a ver si tes sorte, pois dubido que ninguén te coñeza nin lle importes mais alo das terras de Baltar. O que é una vergoña é que a esta xente se lles permita acceder á Universidade. Refírome aos da Gürtel, dos ERE, da cal viva, do Gal...mais os dos podedres fácticos que creen que poden nomear gobernos e destituir secretarios xerales. YES WE TRUMP.

5 Ted Flanders

Albertito Albertito vete a la complu y verás París!