Oso pardo correndo por unha estrada do Courel

O retorno do oso pardo ao Courel é unha realidade que se afianza cada vez máis. Proba disto é que as filmacións do animal en liberdade nesta zona comezan a aparecer con certa frecuencia.

Por Galicia Confidencial | Oencia | 20/10/2016 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

Desta volta as imaxes veñen de Oencia, segundo explica Francisco Albo na Voz, a poucos quilómetros da fronteira administrativa con Galicia. Foron tomadas unha noite de verán na estrada en Vilarrubín por uns mozos que llas pasaron a un veciño da zona que a súa vez llas deixou a Sechu Sende.

O escritor acaba de subilas ao Youtube acompañas dunha reivindicación a prol da declaraicón do Courel como Parque Natural, reivindicación que ten partidarios e tamén detractores na comarca. Do que non hai dúbida é de que a presenza do oso aumenta o valor ambiental da zona e, polo tanto, a necesidade de protexela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta