O BNG pide á Xunta que denegue o vertedoiro de residuos industriais de Lousame, que ve "unha bomba ambiental"

Insta a "superar" o modelo de incineración e promover un novo plan para a xestión do lixo

A CORUÑA | 20/10/2016 | Actualizada ás 18:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A voceiro nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou á Xunta de Galicia que denegue a construción dunha planta de xestión e vertedoiro de residuos industriais en Lousame (A Coruña), que cualificou como "unha bomba ambiental".

Na súa visita á zona, considerou "unha barbaridade" que se queira situar un vertedoiro destas características "nun monte". "E nunhas condicións de terreo non adecuadas", expuxo, tras advertir da posible contaminación da auga que consumen os veciños.

Mentres, dixo que proxectos así evidencian "que hai un colapso do sistema Sogama". "Un sistema insostible dende o punto de vista ecolóxico", recalcou. Pontón apelou, ademais, á "responsabilidade directa" da Xunta, á que reclamou un novo plan de residuos en Galicia.

"SUPERAR" A INCINERACIÓN

Así, defendeu a necesidade de "superar o modelo da incineración" e rexeitar proxectos como o de Lousame que, ao seu xuízo, supoñen "unha bomba ambiental" por situar nun monte "toneladas de lixo".

Na mesma liña, pediu "escoitar" os veciños, ao tempo que recalcou que "se incumpre a lexislación cando se depositan residuos sen tratar".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta