“O galego segue sen ser unha lingua de prestixio... É un fracaso colectivo e unha mostra de estupidez enorme”

Martiño Suárez fala nesta entrevista da edición colectiva de 'Bestiario do vestiario', un proxecto cultural en galego que impulsa con Carlos Meixide. Tamén aborda a situación do idioma na literatura e nos medios de comunicación, logo da experiencia do que no seu día foi Dioivo.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Martiño Suárez é o autor de 'Bestiario do vestiario', un conto de relatos que edita Carlos Meixide e que pretende ser un proxecto colectivo a través da plataforma verkami. Piden 2.500 euros para editar a obra, pagar os custes de envío e o seu deseño e maquetación. Polo momento xa levan case 1.700.

Martiño Suárez e Carlos Meixide, impulsores do proxecto 'Bestiario do vestiario'
Martiño Suárez e Carlos Meixide, impulsores do proxecto 'Bestiario do vestiario'

O libro é un compendio dos relatos que Martiño publicou naquel gran xornal dixital cultural que foi Dioivo. Falamos con el para coñecer máis sobre este novo proxecto cultural e da situación dos medios en galego e do galego.

Como xorde Bestiario do Vestiario?
As historias publicáronse orixinalmente entre 2012 e 2013 en Dioivo, un medio dixital de breve existencia que fundaron unha serie de xornalistas galegos ben atrevidos. O libro é unha maneira de recuperalas e, ao tempo, de homenaxear a un medio de comunicación de vida curta pero co que o pasamos moi ben. Trátase dunha serie de 'historias da historia' polas que pasan desde pioneiras do ciclismo a filósofos gregos fanáticos do atletismo, espías da RDA, nazis, Elvis, futbolistas caídos...

E porque ese curioso nome. Semella que xa é toda unha declaración de intencións?
O nome, que xa era o da sección do Dioivo, débollo a Carlos Meixide. A min non se me ocorren xogos de palabras tan bos. O que el quería era unha galería de deportistas desviados, de historias nas marxes do deporte, así que a idea casa ben cos bestiarios medievais.

Fútbol e ciclismo centran boa parte dos relatos do libro. Compaxinan ben coa literatura?
O deporte en xeral dá para moitas historias de épica, de ascenso e caída, e para moito humor, que é o que quixen manter nestas historias. Porque, no fondo, eu creo que a sociedade se toma o deporte con demasiada seriedade e eleva aos deportistas a cotas que non merecen. Así que prefiro esas historias na marxe, a dos primeiros arxelinos que correron o Tour, a do primeiro campión negro de ciclismo en pista, a do emperador bizantino que escapa polos pelos das 'barras bravas'...

E ti es máis dun bo partido ou etapa do Tour ou dun bo libro?
Por fortuna non hai que escoller, pero para min o Tour é sagrado (e o Giro, e as clásicas de primavera).

Carlos Meixide é o editor do libro, por que Carlos?
Como comentaba, Carlos era o responsable de deportes de Dioivo e foi o que me encargou a sección. Nos últimos anos autoeditou as súas novelas 'Ons' e 'Inge e Robbie', así que o de editar o meu era un paso bastante lóxico. Estoulle moi agradecido.

Como dis a experiencia ven de Dioivo, aquel gran xornal cultural que ao final non callou. Por que?
A verdade é que non coñezo moi ben a historia interior do Dioivo. Eu colaboraba coas miñas columnas e deume moita pena que o proxecto non saíse adiante, porque me parece necesario que haxa medios diferentes, libres e en galego, coma este (GC), por outra parte.

Que cres que fai falla para que un medio triunfe en galego?
Supoño que é unha cuestión moi difícil. Por moito que nos doia, o galego segue sen ser unha lingua de prestixio para a maior parte da poboación; é un fracaso colectivo e unha mostra de estupidez enorme, a min gústame menos que a ninguén, pero é o que hai. Sumado isto a que o panorama dos medios, en xeral, segue sendo aterrador, o que é un milagro é que sigan adiante espazos coma este do Galicia Confidencial. Menos mal!

Supoño que iso ten tamén moito que ver co que pasa na literatura galega. Por iso acudiches ao crowfounding?
É unha maneira fantástica para que, por unha banda, o editor non teña que adiantar un monte de cartos que neste tipo de proxectos habitualmente non se teñen; e, pola outra, para implicar aos lectores na edición dun libro. É chulo comprobar como hai xente que te apoia e que é capaz de deixarse os seus cartos, que seguro que non lle sobran, para botarche un cabo.

E cal é a recompensa para os que axuden á edición do libro
Hai unha serie de contrapartidas que se poden ver na páxina de Verkami do proxecto, que van dos 5 aos 900 euros, dos agradecementos eternos a un concerto de cancións sobre deporte para dez amigos, pasando, naturalmente, polo Bestiario en papel e outros libros e discos que editamos ao longo dos anos tanto Carlos coma min.

Por certo, sei que es un home que traballou na política, que non de político... Como ves a política hoxe en día?
Aínda con máis escepticismo do habitual. As idas e voltas da política están ben para encher horas de radio e páxinas de xornal, e para entreternos do que realmente importa: que o que decidimos é unha parte mínima da posta en escena, porque o guión xa o escribiron noutra parte e non hai dios que o cambie.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

3 Agachade a prata que ven Rajoy

A cultura dominante é a da clase dominante. Ben afirmaba Gramsci. A clase dominante en Galiza é allea, colonial expañola, chauvinista, reaccionaria e escravista. A clase corrupta que ten impunidade para a economía en negro e o delito. En Galiza lingua atificial, de descastados, aliñados e colonizados mentais. Dos que soñan a debeda ser clase media, clase media alta e pequena burguesía, nun sistema esgotado . Ex imperio, agora colonia a vez, do imperialismo Otánico-sionista, que ten de presidente un inepto e corrupto, con tan mala sona, que cando vai de viaxe a outros paises, retiran a vaixela de prata nas ceas dipolomaticas, O galego sempre foi a lingua do pobo, a lingua viva da maioria, dos non parásitos e explotadores, sanguesas da nosa terra e o noso traballo.

2 Consumide...os!

O réxime non quere "subditos" cultos, amantes da nosa cultura e defensores do noso, coma xusta contribución a riqueza plural e variada da cultura universal. Quere individuos-masa individualistas consumistas a debeda, egoistas e desconfiados, non programados para pensar. Quere camareiros e emigrantes, mamados na cultura capitalista globalista de sumisión, e decididos a desplazarse onde ao poder oligarquíco ordene ser explotados.

1 Buffffito

Entre un carro e un tractos a xente vai ao práctico, evita pasar traballos e elixe o tractor. O galego apenas ten cultura escrita, carece en absoluto de ciencia ou técnica, posúe un vocabulario limitadito... O demais é rollito sentimentaloide, e son dos que pensan con Gabriel Albiac que as identidades de sangue e lingua son o maior pesadelo que vivimos, que o retorno do nacionalismo, ninguén se engane, é o retorno do fascismo en tanto que esta ideoloxía está baseada na sentimentalización da política.

1 teutonio

Tu as raison, l´Espagnol est clairement la langue de la science, capable de créer néologismes et de ne pas utiliser termes importes d´autres langues comment le français, l´anglais ou le grec. Aussi même, c´est clair que l´Espagnol est une vrai lingua franca des ingénieurs (púñacho en inglés que é a auténtica lingua franca pero va que a web o identifica como spam, porén isto de ser bilingües e de ter tanto un tractor como un carro facilita moito a aprendizaxe de linguas). Por certo, vai a Estonia, Eslovaquia ou Escocia e contalles que o seu nacionalismo é fascismo e que deberían reconstituír Iugoslavia, Checoslovaquia ou deixarse de caralladas con procesos secesionistas e apandar co Brexit.

2 Bufffito

Mira, o tamaño importa pero o que ti queiras. Ao final o tempo vos vai sacar toda a tont€ría. A xente non está por pasar traballos nin polo atraso e a ignorancia. O malo son os cartos que se tiran na rituaria que se poderían adicar a cousas útiles.

3 Sesese

Podo estar mais ou menos dacordo contigo no tema do galego , que sI e útil que si non o e, que si vocabulario que si que non etc. Donde non o estou e na cultura galega, porque si existe e ademáis sin nada que envexar a ninguha otra. E por certo con bo futuro

4 anonimo

Coño, e eu que pensaba que o tal Albiac éche un fascista, ves tí e confírmasmo.

5 Bufffito

¿Comparas a cultura en galego coa de linguas que non perderon ningún tren, como a inglesa, alemana ou española? Vai a calquera biblioteca e compara o que ocupan os libros en galego e o que ocupan os libros en castelán.

6 teutonio

Logo culturas como a estonia, a guaraní, a albanesa, a finesa ou a croata deberían extinguirse tamén ou como é o conto?, o que defendes é basicamente ser un ignorante e un nugallán, aprender o mínimo e non levar traballo... supremacismo lingüístico adornado de pragmatismo. Todo ben. Viaxa máis paduano

7 Campelo

Ja estamos com o autoodio e que o de fora é melhor.Muda de jornal e olha o ABC.

8 Leirachá

Pois eu estou de acordo co Bufffito: o nacionalismo é moi semellante ao fascismo. Para mostra o nacionalismo español, que practica o Bufffito, que vai de superior e precisa satisfacerse atacando a outros povos, cando non tortura animais como divertimento (e chámenlle fiesta nacional. O pobre Bufffito aínda non se enterou de que algúns galegos, bastantes bascos e moitos cataláns superamos o nacionalismo e xa andamos polo soberanismo! O império xa non mola!

9 nostrus

Todas esas cousas por crer que o galego e a cultura galega son unha relixion, pero a cultura non é unha relixion (o din os DDHH) e a practica dunha cultura debe facerse de modo voluntario e non como un peaxe para acceder a unha determinada condicion. Teutonio, a xente non é escrava das culturas e as linguas, sinon que estas son producto da creacion dos seres humanos para o noso beneficio. Aprende tamen que as linguas non sufren nin padecen e importalles un ovo que as usemos ou non. Os ultrarelixiosos teñen o mesmo fanatismo que vos, tan só trocando a lingua por relixion.

10 Gustavo

O que che preocupa son os cartos, cousas útiles. Útiles para qué, meu rei, para chegar a ser un panoco coma ti que despreza o seu propio idioma e o dos seus pais. Galicia, renegando do galego, chegará a algo, sí (xa se ven os magníficos índices que temos en todos os marcadores económicos). Que a cultura e o idioma propios, ademáis, son unha fonte de riqueza, xa non cho explico, que igual che estoupa o cerebro.

11 Abuffeador

Home si!, a cultura española non perdeu ningún carto nin carro nin nada.Meus pobres! O españolismo e a cultura que ti predicas perdeuno todo: De qué cultura científica falas? Da ciencia da fregona e do touro que te empitona? Home non me fagas rir buffoncito! E aquí importa moi pouco que chamedes feixistas aos demáis mentras vos sodes os mais feixistas e imperialistas defendendo a extinción das linguas propias. Importa pouco que faledes de gastar cartos promovendo linguas cando a castelá só se sostén gastando cartos e facendo gastar cartos á xente; e moitos cartos! O que importa é que promover a extinción do galego é una mamarrachada porque , económicamente, aos galegos non lles convén. E isto vai ser a pedra na que batades todas as veces, non hai máis que ver o que acontece co Feijóo.