Villares reivindica a En Marea como "garantía" da defensa dos dereitos e liberdades que o PP "seguirá recortando"

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, reivindicou este venres que a súa formación actuará na Cámara como "garantía" da defensa dos dereitos e liberdades dos galegos que o PPdeG "pretende seguir recortando".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2016 | Actualizada ás 13:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, reivindicou este venres que a súa formación actuará na Cámara como "garantía" da defensa dos dereitos e liberdades dos galegos que o PPdeG "pretende seguir recortando".

Díxoo aos xornalistas nos corredores do Pazo do Hórreo ao termo da sesión constitutiva do Parlamento, sen deixar de facer fincapé na mensaxe que tamén sacou a colación na súa aceptación do cargo de deputado: "o dereito" dos galegos "a ser un pouco máis felices nun país xusto".

Nesa liña de defender os cidadáns, avanzou a presentación de iniciativas en defensa dos traballadores, de "intereses nacionais estratéxicos" como o traspaso da AP-9 e da loita contra a corrupción dotando de "máis medios" aos xulgados.

Así mesmo, Villares anunciou actuacións en favor de que as interrupcións do embarazo se fagan dentro do territorio galego, a raíz dunha sentenza que condena ao Sergas a pagar a unha muller que acabou perdendo o útero; e peticións de derrogación do decreto que regula o uso do galego no ensino, pois lle outorga, ao seu xuízo, a consideración de "lingua de segunda".

Cuestionado sobre as queixas do seu grupo pola falta de espazo, dixo que levará á "primeira" xunta de voceiros que En Marea require unhas instalacións "acordes" coa dimensión do seu grupo parlamentario. "Pero seguro que atoparemos espazo no Hórreo", chanceou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Villares provida?

Por qué todos din dentro do territorio galego e non "nos servizos de obstetricia do Sergas"? Que pasa? Non será Villares provida?