Temas: RIBEIRA SACRA

O Premio Planeta 2016 redescobre a Ribeira Sacra

PANGEA The Travel Store deseñou un percorrido único para descubrir os recunchos que inspiraron as novelas gañadoras desta edición.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 21/10/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A Ribeira Sacra é parte da atmosfera e do argumento da novela gañadora do Premio Planeta 2016, Todo esto te daré, de Dolores Redondo.

Vista da Ribeira Sacra
Vista da Ribeira Sacra

A trama da novela sitúase nesta zona de Galicia, onde por mor dun suposto accidente de tráfico, un escritor descobre a dobre vida que leva Álvaro Muñíz de Dávila. Xunto cun garda civil retirado e un cura amigo do falecido, irán saíndo á luz os máis escuros segredos dunha familia con longa tradición fidalga. Na Novela hai trama de corte policíaco, misterios escabrosos, tensión e suspense.

Como xa pasou coa Barcelona de Carlos Ruiz Zafón, é tradicional que os destinos que inspiran as novelas dos Premios Planeta se convertan nalgúns dos máis desexados entre os españois, ávidos por pasear na realidade polos escenarios que as páxinas suxiren. Así os expertos viaxeiros de PANGEA The Travel Store -a tenda de viaxes máis grande do mundo- deseñaron un percorrido único para descubrir os recunchos que inspiraron as novelas gañadoras desta edición.

Dolores Redondo, nacida en San Sebastián alá polo ano 1969, saltou á fama literaria grazas a El guardián invisible, primeiro título da Triloxía do Baztán que se completou con Legado de los huesos e Ofrenda en la tormenta

Temas: RIBEIRA SACRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta