A plataforma En Positivo pide "respecto" para a xestora do PSdeG e para Leiceaga como voceiro parlamentario

A plataforma En Positivo pediu á xestora federal do PSOE que "respecte" o traballo da dirección provisional do partido en Galicia e, así, lle permita convocar un congreso extraordinario precedido de primarias para que a militancia poida elixir un novo líder.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2016 | Actualizada ás 19:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A plataforma En Positivo pediu á xestora federal do PSOE que "respecte" o traballo da dirección provisional do partido en Galicia e, así, lle permita convocar un congreso extraordinario precedido de primarias para que a militancia poida elixir un novo líder.

Este pronunciamento prodúcese a mesma semana Ferraz tomou a decisión de que retirar esas competencias á xestora que lidera Pilar Cancela, e de atrasar o conclave galego ata despois do federal.

En paralelo a este asunto, a través dun comunicado, a plataforma que ten entre as súas cabezas visibles líderes locais como Martín Seco (Arteixo), Nicolás González Casares (Lalín) e Iván Vaqueiro (O Porriño) esixiu a todos os cargos do PSdeG que traten a organización e os compañeiros co "respecto necesario".

En concreto, aludiu ao voceiro parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen -recordou- foi "elixido fai poucas datas en primarias por ampla maioría da militancia".

"Necesita do compromiso da nosa organización para construír unha alternativa sólida de goberno ao PP de Feijóo", argumentou En Positivo, dende o convencemento de que agora "toca falar de proxecto" e non das "pretensións dalgúns dirixentes".

CONGRESO FEDERAL

Á marxe da clave galega, o colectivo creado en 2012 abordou a situación do seu partido a nivel estatal para mostrar o seu "apoio" á militancia que demanda un congreso extraordinario.

Dirixido aos galegos con praza no Comité Federal, que o domingo decidirá o sentido do voto na investidura de Mariano Rajoy, pediu que se aposte por o 'non'.

Ao seu xuízo, permitir a continuidade do dirixente popular en La Moncloa "deixaría ferido de morte" ao PSOE "ante un electorado cada vez máis afastado", toda vez que suporía un "incumprimento" dos compromisos electorais dos socialistas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta