Aumenta un 5,9% o número de denuncias presentadas por violencia de xénero en Galicia no segundo trimestre

Os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre do ano 1.389 denuncias por violencia de xénero, un 5,9% máis que no mesmo período do ano anterior, cando se presentaron 1.312. Descende de novo, non obstante, o número de mulleres que aparecen como vítimas, de 1.303 no mesmo período de 2015, ás 1.288 deste ano.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2016 | Actualizada ás 20:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre do ano 1.389 denuncias por violencia de xénero, un 5,9% máis que no mesmo período do ano anterior, cando se presentaron 1.312. Descende de novo, non obstante, o número de mulleres que aparecen como vítimas, de 1.303 no mesmo período de 2015, ás 1.288 deste ano.

Segundo os datos estatísticos feitos públicos este venres polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, en Galicia aumentan os casos de vítimas que se acollen á dispensa para non declarar. No segundo trimestre do ano, 92 mulleres decidiron non prestar declaración no xulgado, o que supón un 7,1% das mulleres vítimas, fronte ao 4,8% do mesmo período de 2015.

Galicia segue sendo unha das comunidades cunha taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) máis baixa do estado, con 9,15 persoas, fronte ás 14,18 do conxunto do Estado. Solo La Rioja e Castilla e León teñen taxas de violencia máis baixas.

Durante o segundo trimestre do ano solicitáronse 378 ordes e medidas de protección nos órganos xudiciais da comunidade, fronte ás 397 do mesmo período do ano pasado, o que supón un descenso interanual do 4,8%. Das 378, foron adoptadas 225, o 59,5%. De abril a xuño deste ano foron axuizados 145 persoas, e delas o 85% condenadas, fronte ao 77% do ano pasado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta