Isolux pretende botar o 80% dos seus operarios galegos malia estar facendo grandes obras públicas no país

A empresa participa nas obras do Porto Exterior, da depuradora de Vigo e do AVE en Ourense, entre outras.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/10/2016 | Actualizada ás 22:57

Comparte esta noticia

Empregados  do Grupo Isolux Corsán concentráronse este venres diante do Parlamento de Galiza para protestar contra un ERE que afectará ao 80% das e dos traballadores que a empresa ten no paíse chamar a atención dos grupos da cámara respecto das políticas empresariais dunha das construtoras á que máis obra pública se lle concedeu desde as distintas administracións.

Protesta de Isolux Corsán diante do Parlamento de Galicia
Protesta de Isolux Corsán diante do Parlamento de Galicia | Fonte: CIG

Raúl Rojas, xefe de produción e portavoz da asemblea de traballadores/as, explicou que neste intre está aberto o período de negociación do ERE extintivo que prevé o despedimento de 531 traballadoresen todo o Estado.

En Galiza, onde o cadro de persoal xa quedara reducido a pouco máis de 40 t logo das anteriores restruturacións -este é xa o cuarto ERE-, está previsto o despedimento de 32, o que representa un 80% do total. “Entendemos que o traballo para os 8 ou 9 que queden será unicamente de liquidación dos contratos que actualmente se están levando a cabo en Galiza”.

A este respecto, Rojas sinalou que o grupo está realizando neste intre obras de grandes investimentos, como a depuradora do Lagares en Vigo, unha obra no porto exterior de Punta Langosteira en Coruña, outra na Fábrica de Tábacos, tamén en Coruña ou obras do AVE en Ourense.

Por iso non comparten nin as causas económicas alegadas pola empresa, nin a explicación de que falta actividade na Construción. De feito lembrou que se rescindiron dous contratos, un deles, por exemplo, co consorcio de Vigo, o que os leva a concluír que a empresa “está renunciando a un negocio e unha actividade que é rendíbel”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta