Medio centenar de persoas buscan un home de 83 anos de Cotobade (Pontevedra) que falta dende o xoves

Entre 50 e 60 persoas participan este sábado na busca dun home de 83 anos veciño de Cotobade (Pontevedra) que falta da súa casa dende o pasado xoves.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2016 | Actualizada ás 13:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Entre 50 e 60 persoas participan este sábado na busca dun home de 83 anos veciño de Cotobade (Pontevedra) que falta da súa casa dende o pasado xoves.

Segundo informan fontes de Protección Civil de Pontevedra a Europa Press, o rastrexo, ao que se sumaron cans especializados nestes labores procedentes de Padrón, céntrase esta xornada na parroquia de Viascón.

Ademais dos voluntarios de Protección Civil, sumáronse ás tarefas de busca numerosos veciños, que peitean en concreto o lugar de A Atalaia, polo momento sen ningún rastro do ancián.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta