Unha muller ferida ao envorcar o seu coche en Ponteareas (Pontevedra)

Unha muller resultou ferida este sábado en Ponteareas (Pontevedra) despois de sufrir un accidente de tráfico, cando o coche no que viaxaba envorcou na estrada que vai de Ganade a Moreira, á altura de Ganade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2016 | Actualizada ás 13:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida este sábado en Ponteareas (Pontevedra) despois de sufrir un accidente de tráfico, cando o coche no que viaxaba envorcou na estrada que vai de Ganade a Moreira, á altura de Ganade.

Segundo informa o 112, a propia vítima avisou de que o seu coche foi parar a unha cuneta e ela tiña dificultades para abandonar o vehículo.

O 112 informou a Urxencias Médicas e aos bombeiros de Ponteareas, así como aos de Vigo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Os bombeiros de Ponteareas axudaron a muller a abandonar o vehículo accedendo pola porta traseira, mentres os efectivos sanitarios mobilizaron unha ambulancia ata o punto para asistir a vítima.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta