Asinantes do Manifesto de Vidán piden tender pontes entre organizacións nacionalistas

Fan un chamamento a "reforzar" o espazo político do nacionalismo en Galicia para que "recupere a expresión electoral que debería ter na sociedade para poder ser alternativa ao Partido Popular".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O nacionalismo galego segue na procura de solucións á súa división, escenificada principalmente polo BNG e as correntes nacionalistas de En Marea. Ante a falla dun gran acordo, pedido por activa e pasiva antes das eleccións, os asinantes do Manifesto de Vidán volven alzar a voz para pedir que se acheguen posturas. Así, nunha nova aparición, consideran necesario "reforzar" o espazo político do nacionalismo en Galicia e "tender pontes" entre as distintas organizacións nacionalistas para que esta ideoloxía "recupere a expresión electoral que debería ter na sociedade para poder ser alternativa ao Partido Popular".

Luis Villares e Ana Pontón.
Luis Villares e Ana Pontón.

Así o manifestaron distintas fontes consultadas, presentes esta fin de semana en Santiago na que foi a primeira reunión que os asinantes de este manifesto celebraron dende as pasadas eleccións autonómicas do 25 de setembro, nas que o BNG mantivo seis dos sete escanos que tiña no Parlamento galego na pasada lexislatura e En Marea se fixo con 14 deputados.

Segundo explicou unha destas fontes, ao encontro acudiron case un cento de persoas de "distintas procedencias e militancias así como xente non aliñada". Así, precisou que, entre outros, estivo presente "xente do BNG, xente de En Marea...".

Todos eles, indicaron as mesmas fontes, analizaron os resultados dos pasados comicios autonómicos e "como estes condicionan o futuro do nacionalismo en Galicia". "A conclusión final que máis ou menos todos compartimos é que é necesario reforzar o espazo político do nacionalismo en Galicia e tender pontes entre as distintas organizacións nacionalistas galegas", sinalaron.

Nesta liña tamén se pronunciaron outras fontes presentes na reunión. "O que se comparte é que a situación actual do nacionalismo non é boa porque non ten a expresión electoral que debería ter na sociedade para ser alternativa", indicaron estes asinantes do manifesto, que tamén sinalaron que "hai unha coincidencia" sobre a necesidade de "ir tendendo pontes entre organizacións, aínda que agora poida parecer complicado, xa que a medio prazo poden ser factibles".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

15 Teo

Moitos do Manifesto de Vidán son dos e das que miran e miraron para outro lado coa política de cargos eternos, amizade con empresarios e privatización de servizos públicos que desde o século pasado aplica ese BNG de Pontevedra. De seguro lles semella tamén plenamente democrático que Lois Bará sexa deputado no parlamento galego e, á vez, persista como concelleiro en Pontevedra. Exemplo dos novos tempos que di querer aplicar o nacionalismo galego.

1 Que malo Bará

I no le deja aparcar a tu suegro en las haceras loquito

2 Galego

Teo primeiro infórmate e despois fala no fagas como os ladróns de CC,OO amigos de Louzán que acusan a Mosquera de cobrar da deputación cando fai tempo e tempo que renunciou os seus honorarios posto que está xubilado.

3 O Aparcador

Xa que falades de sogros, tamén podedes falar de xenros. No grupo de BNG no Concello de Pontevedra xa se dá esa familiaridade tan propia das sectas.

14 Galiza liberdade!!!!

non as ratas fascistas EXPAÑA KAPUT!!!! non a un gobernó chupadanos de villanos leitugueiros que se venden o Pepeiro ... XA VEMOS O QUE E o moniqreque DE VILLANO!!! non ten moito mais alance o suxo e inútil ignorante, non sabe nada de nada triste elemento... xa queda pouco o teu lado tes no partido o leitugas do sociadero, o demais e podreiros de expaña os que meteron o MARIJUANATO NO GOBERNO, os que xuntos os - zombis do vello -Vieiras meteron outra vez a dereitas na Galiza... agora son os sociatas o gobernó de AL-ANDALUS da tiparraca sinvergonza de eres corruptibles ... queren seguir roubando os expañois os estafadores ... son porqueiros os de al-andalus de mandriles para abaixo todo e rata de sumidoiro!!!!

1 Doctor galego

A pastilla, upegallo, a pastilla.

13 Cotton

Manifesto de Vidán? O grupo do Xavier Vence? Ah! Si, home, si. Que se larguen xa do BNG. Démosllo todo e fallou. Vale, pois a mendigar a Podemos España...e deixade de embarullar e traballar ao nacionalismo por este país.

12 Galiza si!!!!

unión entre nacionalistas si de bloque de cxg e independentistas e galeguistas tamen!!!! con podreiros e -Vieiristas expañolentos nunca, miren por exemplo o LEITUGAS do pe$oe, traizou a Galiza e entrou no pe$oe foi un transfuga intelectual escapado de -vieiras agora quería pactar co -vieiras, foi posto por de dedazo e refrendado en secundarias, hoxe e un dos que DICE SI O PEPEIRO, SI O GOBERNO DO MARIJUANATO!!! agora vemos o que é esta xente de pesoideiros, de podreiros, son expañois... expaña e ladroecio

11 Gamela

Está ben saber que os que caeron das listas do BNG queren que En Marea lles dea unha nova oportunidade que non lles deu Paco Rodríguez ! As cousas sempre teñen volta !!! Pero cicais se dixeran que algúns UPG/CIG non son os suxeitos políticos para gañar as eleccións en Galicia... igual desaparecían do mapa en un abrir e pechar de ollos ? Pero para ARRIMARSE aos votantes de Podemos están ben dispostos ??? MANDA CARALLO! Que ninguén esqueza que agás o voto de confianza a Villares, todos os demáis viñan das rúas e prazas do 15M... Ese lugar tan denostado publicamente polos de Vidán !!!