En Marea insta á Xunta a rexeitar os ERE presentados por Extel e o Banco Pastor

O grupo parlamentario de En Marea insta á Xunta a "mediar e solicitar" a Extel e Banco Pastor que anulen os ERE presentados, evitando así a "destrución de 640 postos de traballo" en Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2016 | Actualizada ás 18:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O grupo parlamentario de En Marea insta á Xunta a "mediar e solicitar" a Extel e Banco Pastor que anulen os ERE presentados, evitando así a "destrución de 640 postos de traballo" en Galicia.

Nun comunicado, explicou que, tras a sesión de constitución da nova lexislatura, o seu grupo parlamentario presentou diversas iniciativas, entre elas as relativas aos ERE presentados pola compañía Extel en A Coruña e o Banco Pastor.

"As causas que propician o ERE segundo a empresa é un simple correo electrónico por parte do seu cliente, Movistar, onde lle indica que, a partir do 1 de outubro, o tráfico de chamadas se reducirá," denunciou En Marea, ao tempo que lamenta que, con isto, Extel "pretenda xustificar 355 despedimentos, 205 deles en A Coruña".

Así mesmo, tamén denunciou "o proceso de desmantelamento do que foi o sistema financeiro galego". No caso do Banco Popular-Pastor "trátase do despedimento de 435 traballadores tan só en Galicia".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta