COB, a terceira consecutiva

Ourense Provincia Termal vence 77-72 a Melilla no Pazo nun partido no que sempre foi por diante e cun espectacular Diego Kapelan, autor de 21 puntos con 6 de 7 en triplas. Marín Peixegalego caeu 82-71 na súa visita ao Araberri malia aos 24 puntos de Tim Derksen.

Por gcdeportes | Ourense | 23/10/2016 | Actualizada ás 01:14

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Ourense Provincia Termal 77:
Christian Díaz (6), Mitrovic (7), Jukic (4), Dmitry Flis (12), Fran Guerra (8) –cinco inicial- Devin Wright (9), Kapelan (21), Martín Rodríguez (7), Tomás Fernández (0) e Kyle Hittle (3).  
Melilla 72: Jorge Sanz (3), Alfredo Ott (6), Suka-Umu (5), Pablo Almazán (6), Arteaga (15) –cinco inicial- Edu Gatell (2), Pedro Rivero (16), Héctor Manzano (9) e Van Wijk (10).
Parciais: 22-18, 23-18 (45-36), 21-17, 11-19 (77-72).
Árbitros: Sánchez Ardid e Domingo Vilalta. Eliminaron por cinco faltas persoais a Cristian Díaz nos locais e Suka-Umu nos visitantes.
Incidencias: partido da 5ª xornada da LEB Ouro no pazo Paco Paz ante 2.200 espectadores.

Diego Kapelan, autor de 21 puntos, defendido por Alfredo Ott.
Diego Kapelan, autor de 21 puntos, defendido por Alfredo Ott. | Fonte: Carlos Domarco (COB)

Só 11 puntos, dúas triplas de Kapelan e cinco tiros libres de Mitrovic, nos últimos dez minutos. Estivo todo o partido arriba o COB (agás un 11-13), pero sufriu no último cuarto por mor dos árbitros e dun parcial de 3-14 de Melilla que apertou o marcador (69-67). Pero Diego Kapelan anotou dúas triplas consecutivas (75-68), Mitrovic dous tiros libres e Ourense sumou un máis que merecido triunfo (77-72) ante un dos mellores planteis da LEB Oro. Tralas dúas derrotas iniciais, terceira vitoria consecutiva dun COB que medra xornada a xornada. O vindeiro sábado (pola TVG2), derbi en Riazor contra Básquet Coruña.

COB arrincou cun 7-0 e Dmitry Flis sumou os nove primeiros puntos dos ourensáns. O ex-cobista Suka-Umu tirou dos seus e Melilla respostou cun parcial de 0-9 para acadar a sús única vantaxe no partido (11-13). Pero un parcial local de 6-0 devolveu as cousas a onde estaban, e un 2+1 de Devin Wrigt pechou o primeiro cuarto: 22-18. Coas triplas de Kapelan, Hittle e Martín Rodríguez e catro puntos de Wright, o COB abriu unha primeira fenda importante: 35-25. Melilla parou o partido, 5 puntos de Van Wijk e foi COB quen pediu tempo con 35-30. Kapelan anotou dúas triplas e os ourensáns mandaban 45-36 no descanso.

Christian Díaz puxo o 48-36 dende 6,75, pero Melilla acadou un parcial de 0-9 e obrigou a Gonzalo García a parar o partido (48-45). De novo cinco puntos de Kapelan e tempo de Melilla con 55-45. A segunda tripla de Christian Díaz puxo a máxima diferenza local: 60-47. Rivero sumou catro puntos pero recibiu unha técnica, e Ourense mantivo a vantaxe para o último cuarto: 66-53.
Cinco puntos de Melilla en dous minutos e tempo do COB con 66-58. O parcial medrou ata un 0-9 e Melilla, coa permisividade arbitral, asustaba (66-62). A quinta de Suka-Umu foron tres puntos dende o tiro libre para Mitrovic (69-62). Pero unha técnica por protestar a Christian Díaz (eliminado) e unha falta en ataque a Mitrovic, e Melilla estaba na pelexa (68-67). Kapelan deu aire ao COB cunha tripla (72-67) e sentenciou con súa sexta bomba do partido (75-68). Mitrovic pechou a vitoria con dous tiros libres: 77-72.

Ficha técnica
Araberri 82:
Óscar Alvarado (9), Papantoniou (13), Hearst (16), Cvetinovic (20), Kyle Rowley (10) –cinco inicial- Berhanemeskel (12), Iván García (2), Martín Buesa (0) e Dani Lorenzo (0).
Marín Peixegalego 71: José Simeón (0), Manu Ferreiro (7), Andrés Miso (4), Tim Derksen (24), Javi Múgica (4) –cinco inicial- Jason Cain (22), Oubiña (3), Goyo Adón (4), Marc Bauzá (2), Mario Cabanas (0) e Albert Homs (0).
Parciais: 21-17, 22-17 (43-34), 15-20, 24-17 (82-71).
Árbitros: Carpallo Miguélez e González Cuervo. Eliminaron por cinco faltas a Kyle Rowley.

Devin Wright anota por riba de Edu Gatell.
Devin Wright anota por riba de Edu Gatell. | Fonte: Carlos Domarco (COB)

Chegou a estar 14 puntos abaixo o Peixegalego (49-35), pero reaccionou cos puntos de Tim Derksen e Jason Cain para chegar a empatar o choque (64-64) a seis minutos do final. Foi a aparición do grego Papantoniou (11 puntos e tres triplas no último cuarto) quen decidiu a contenda para Araberri no último cuarto. Ao final, 82-71, terceira derrota de Marín en 5 xornadas.

Os locais comezaron gañando (12-5), pero os puntos de Javi Múgica igualaron o partido (14-14). O eritreo Berhanemeskel deu vantaxe a Araberri no final do primeiro cuarto (21-17). Marín púxose por diante con dúas triplas (21-23), pero Cvetinovic e Hearst abriron oco para os vitorianos (39-29). Jason Cain termaba do Marín, que chegou nove abaixo ao descanso: 43-34.

Araberri acadou a máxima diferenza (49-35) no terceiro cuarto, pero reaccionou o Marín cun parcial de 3-12 para achegarse no marcador. Ao final do terceiro cuarto, 58-54 e todo por decidir. Cain e Derksen empataron o partido (64-64), pero apareceu Papantoniou e con dúas triplas e 8 puntos consecutivos abriu un oco definitivo (76-67). Ao final do partido, derrota por 82-71, con 24 puntos de Tim Derksen e 22 de Jason Cain.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta