Temas: PARLAMENTO

Cada deputado do Parlamento galego custa entre 200.000 e 260.000 euros ao ano

Euskadi ten o maior custo por deputado, 442.400 euros anuais, seguido polo do Parlament, de 385.000 euros neste ano.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/10/2016 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

Unha das formas de revisar o gasto dos parlamentos autonómicos é calcular o que custan por escano. Neste novo ranking, ocupa o primeiro lugar o Parlamento vasco, cun custo por deputado de 442.400 euros ao ano; ségueo o Parlament, con 385.000 euros por escano; e o Parlamento andaluz, 366.697 euros. Un grupo de once lexislativos ten un presuposto por deputado que se sitúa entre os 200.000 e os 260.000 euros ao ano. Trátase do Parlamento galego, as Cortes de Castela e León e Castela-A Mancha, e os parlamentos de Navarra, Cantabria, Madrid, Comunidade Valenciana, Murcia, Estremadura, Canarias e Illas Baleares.

Pleno de investidura de Feijóo no Parlamento de Galicia en 2012.
Pleno de investidura de Feijóo no Parlamento de Galicia en 2012.

Só quedan algo por enriba as Cortes de Aragón, cun custo de 279.000 euros por cada un dos seus 67 deputados (18,7 millóns de presuposto en total), mentres que o máis barato por escano, e con diferenza, é o lexislativo de A Rioxa: 5 millóns de orzamento e 33 parlamentarios dan un saldo por escano de 153.000 euros ao ano.

ORZAMENTO

O orzamento en 2016 do Parlamento de Cataluña, de 52 millóns de euros, é o máis alto dos dezasete lexislativos autonómicos, case o dobre que o segundo en tamaño, a Asemblea de Madrid, que este ano gastará 28,3 millóns de euros, e un 23% máis alto que o do terceiro, o andaluz, que alcanza os 39,9 millóns e sitúase por detrás da cámara catalá en custo.

O Parlament acaba de presentar o seu orzamento para 2017, no que prevé incrementar o gasto e alcanzar os 53,65 millóns de euros, aínda que a cifra quedará aínda lonxe dos preto de 70 millóns do ano 2011 que a crise económica obrigou a recortar.

Os 17 parlamentos autonómicos teñen tamaños variados de acordo coa poboación de cada Comunidade e os seus presupostos van unidos a esa dimensión, segundo as cifras que todos eles publican nos seus webs de Transparencia recollidas por Europa Press.

O maior é o Parlament, con 135 deputados e 52 millóns de custo este ano, pero séguelle en gasto o andaluz, que é non obstante o terceiro en número de escanos con 109 deputados; o seu gasto en 2016 será de 39,9 millóns previstos.

A segunda en tamaño é a asemblea de Madrid (129 deputados) que non obstante é, cos seus 28,3 millóns de euros este ano, a cuarta en custo. Adiántao e ocupa ese terceiro lugar o Parlamento vasco, composto por 75 parlamentarios e cun presuposto este ano de 33,18 millóns de euros.

No outro extremo da táboa atópanse os parlamentos de menor tamaño, como Cantabria (35 escanos) e Castela-A Mancha e A Rioxa (33). O primeiro pechará este ano cun gasto de 7,4 millóns de euros e os outros dous, respectivamente, de 8,6 e de 5 millóns de euros.

Entre os 17 lexislativos autonómicos suman un gasto este ano de 335 millóns de euros, un 75% máis dos 191,5 millóns que custarán en 2016 as Cortes Xerais: o Congreso ten previsto para este ano un presuposto de 85,51 millóns e o do Senado é de 52, ao que se suma un terceiro presuposto conxunto co que ambas as dúas Cámaras pagan gastos comúns e que ascende a outros 53 millóns.

O PAGAMENTO AOS GRUPOS PARLAMENTARIOS

Os presupostos de todos os parlamentos teñen capítulos similares; o máis avultado é sempre o de persoal, que inclúe o custo dos soldos dos parlamentarios e dos funcionarios, máis os seguros sociais.

Este capítulo no Parlament ascende a 25,3 millóns este ano, practicamente a metade do total, a mesma proporción que se repite na maioría de lexislativos.

Outra parte importante do presuposto compóñena as subvencións aos grupos parlamentarios. No caso catalán, os seis grupos que o compoñen ingresan 15,8 millóns ao ano para que desenvolvan o seu traballo, á marxe dos soldos e axudas de custo dos deputados.

Só esta cifra é similar á do presuposto anual de seis parlamentos autonómicos, que oscilan este ano entre os 13 e os 17 millóns de euros: Galicia, Estremadura, Asturias, Baleares, Canarias e Castela e León.

O grupo catalán que máis subvención recibe do Parlament é Junts pel Sí; polos 62 escanos que ten, correspóndenlle 7 millóns de euros anuais, por enriba do que ingresan todos os grupos do Senado (6 millóns) e algo por debaixo do que o Congreso paga os seus, que son sete (9,4 millóns). Todos os grupos do Parlamento andaluz, por exemplo, cobran 9,6 millóns anuais en subvencións.

Temas: PARLAMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 arramplar arramplarei

Entre isto e as deputacións provinciais, os partidos políticos son das poucas empresas que poden repartir beneficios entre socios este ano, inda por riba non teñen que pagar sociedades. Reducción ó tamaño de Castela A Mancha, e circunscripción eleitoral galega, XA!!!!

5 Rico teodorico

Ese custo por deputado é un auténtico escándalo, propio de sátrapas e narcos. Deberían gañar por lei o salario medio español, que é de 23.000 euros brutos. Coa seguridade social incluída o custo medio non debería pasar de 31.000 euros por deputado. Se houbese partidos políticos verdadeiramente comprometidos a primeira obrigación dos seus deputados ao tomar posesión, sería a de esixir o devandito salario medio para todos, renunciando á parte correspondente en caso de non conseguilo.

4 Gamela

Claro que hai algúns que DEVOLVEN unha parte deses cartos á xente do común... vía proxectos cidadáns financiados polas donacións obrigatorias que asinaron cando se presentan ás eleccións... Pero iso NON o fan máis que UNS POUCOS !!! Os demáis por moito que falen de esquedas practican o de cartos ao queixón, kirieleisón ... https://impulsa.podemos.info/hacemo...

3 lacazan...

en verdade vos digo, poucos me semellan

2 Bufffff

Tiñan que cobrar os ingresos que tiñan no seu último traballo, mais un 5 ou 10% mais. Quen nunca traballou, 1.000 €, porque estou pensando nun montón de xente da Marea e BNG, cos que teño a convicción de que se adican á política como ascensor social, porque so valen para eso. Refírome a xente --no concello da Coruña hainos de libro-- que de non adicarse á política seguramente serían mileuristas anque o mais probable é que estiveran no paro ou nalgún caso que a diferencia da maioría non procede de familias de posivión acomodada, estaría cobrando a RISGA. E non dou nomes para non humillar, pero co curriculo calquera sabe de quen falo.

1 Gamela

os que entran en política para MEDRAR económicamente son case TODOS! ou sen case, pois os que xa dispoñen de patrimonio saben que achegándose ao poder igual poden multiplicalo ou cando menos poder influír nas leis tipo amnistías fiscais para evitar pagar o que deberan pagar! Aínda así, eu prefiro que cobren que vivir nunha dictadura e aforrar todos estes cartos!!! Non vaia a ser o demo !!!