Temas: PSOE PSDEG

O PSOE hipoteca o futuro do PSdeG na lexislatura galega ao ceder o Goberno central a Rajoy

A abstención aprobada por maioría no Comité Federal deixa aos socialistas sen marxe de manobra na oposición no Parlamento galego. Do PSdeG, só Pilar Cancela e Beatriz Sestayo optaron polo 'non'. Luís Villares (En Marea) acusa aos socialistas de "abandonar" de forma definitiva a representación da maioría social e augura unha gran coalición PP-PSOE.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 24/10/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O PSOE permitirá un novo goberno de dereitas en España liderado por Mariano Rajoy. Nin o xuízo da Gürtel e todos os casos de corrupción que zarrapican ao PP, nin a súa política de recortes e privatizacións, foron motivos suficientes para que a maioría dos delegados socialistas no Comité Federal votasen contra a investidura do actual presidente do Goberno en funcións. Con 139 votos a favor da abstención, 96 polo 'non' e dúas abstencións, e coas advertencias da xestora do PSOE aos reformistas, con ameaza de expulsión, para que non se salten a disciplina de voto, o futuro dos socialistas queda hipotecado non só no Parlamento español, senón tamén no galego. A dedicisón deixará o PSdeG nunha situación moi complicada, xa que lle vai resultar moi difícil xustificar o seu papel na oposición a Feijóo logo de que os seus delegados no Comité Federal faciliten un novo Goberno do PP no Estado.

Comité Federal do PSOE no que se aprobou a abstención para facilitar un novo Goberno do PP en España
Comité Federal do PSOE no que se aprobou a abstención para facilitar un novo Goberno do PP en España | Fonte: Europa Press.

O cónclave socialista comezou cunha hora de retraso respecto á hora prevista. Na orde do día figuraba como primeiro punto a elección e constitución da súa Mesa. A proposta da Comisión Xestora foi aprobada e, deste xeito, o órgano estivo presidido polo eurodeputado galego José Blanco —partidario da abstención—, coa secretaria xeral do PSOE de Bruxelas, Carmen Madrid, como vicepresidente, e a dirixente de Xuventudes Socialistas en Andalucía Mariola Lopez, como secretaria.

A partir de aquí, comezou inmediatamente o debate político, que non estivo precedido por ningunha intervención en aberto do presidente da Comisión Xestora, Javier Fernández, quen defendeu que o seu papel non é facer ningunha proposta ao Comité Federal, senón propiciar o axeitado debate, aínda que a título individual vén defendendo que "o peor" para o PSOE e para o país sería ir a unhas terceiras eleccións, polo que sempre se mostrou a prol da abstención.

Co resultado obtido mudouse a resolución política que aprobou o Comité Federal o 28 de xullo —co 'non' a Rajoy— e que despois foi ratificada o 9 de xullo, aínda que o rexeitamento ao PP segue tendo defensores, entre eles, a actual presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, a presidenta de Baleares, Francina Armengol, que asegurou á súa chegada que se mantén na súa posición "por coherencia" política e cos cidadáns, así como os dirixentes das federacións en Castela e León, Murcia, Cantabria, Euskadi, Madrid, Murcia, Navarra e A Rioxa, ademais do primeiro secretario do PSC, Miquel Iceta, que asegurou que os seus deputados votarán 'non' en todo caso.

Mentres tanto, as direccións de Andalucía, Asturias, Estremadura, Canarias e Aragón defenderon abstención, e Castela-A Mancha defendeu que sexa pola mínima, é dicir, que só se absteñan os 11 deputados necesarios para que Rajoy sexa investido presidente nunha segunda votación, algo que rexeitaron tanto Ferraz como a presidenta da Junta de Andalucía, Susana Díaz.

Precisamente, o presidente da Mesa do Comité Federal do PSOE, José Blanco, considerou que este dominfo se marcou "un punto importante para recuperar un debate de ideas sereno e positivo" que servirá "para relanzar o PSOE".

Ás portas da sede do partido en Madrid, ao finalizar o comité, o ex-ministro e eurodeputado galego, preguntado pola necesidade de convocar un congreso extraordinario, Branco contestou: "claro que é necesario".

CANCELA PIDE QUE CESEN AS AMEAZAS AOS DO 'NON'

A actual xestora do PSdeG, Pilar Cancela, laiouse do resultado da votación no Comité Federal, pois implica "romper co que pensan maioritariamente as bases" do socialismo.

Cancela evitou aclarar se cumprirá coa disciplina de voto, xa que considera que non non era o momento de facelo. "En función do que aconteza e o que se transmita ao Grupo Parlamentario exercerei ou meu dereito a voto", dixo tras o comité. 

Ademais, fixo un chamamento á xestora estatal para que "non afonde máis na división", xa que "hai unha fractura importante", e solicitou que cesen as "ameazas" aos deputados que opten por se manter no "non". Na súa opinión, malia que a xestora do PSOE mantén que hai que cumprir a disciplina de voto, "vai haber moita xente que manteña o non", polo que hai que procurar que abstención sexa "o menos traumática posible" nas filas socialistas.

O certo é que a situación actual é un novo revés para Pilar Cancela á fronte da xestora do PSdeG, tras a dimisión de Pedro Sánchez polo golpe dado polos baróns socialistas. Cancela mantívose firme na opción do 'non' a Rajoy, apoiada por un amplo número das agrupacións socialistas galegas. Porén, a maioría do resto de delegados galegos no comité —once en total—, desoíndo o clamor da militancia galega, mantívose baixo o paraugas da líder andaluza Susana Díaz e optou pola abstención para permitir un novo goberno de dereita en España.

En concreto, só Pilar Cancela e a líder do partido en Ferrol, Beatriz Sestayo, se pronunciaron en contra da proposta presentada pola eurodeputada Elena Valenciano, que foi a única que se votou no Comité Federal. O resto de galegos —agás Antón Louro, que se encontaba ausente por unha viaxe a Italia— votou a prol de que o Grupo Parlamentario Socialista se absteña na investidura de Mariano Rajoy. Estes son: José Blanco, Abel Caballero, Carmela Silva, Ricardo Varela, Mar Barcón, Pablo García, Marisol Soneira e María Quintas.

PAPEL DO PSdeG NA OPOSICIÓN

O resultado da votación en Ferraz non só abre máis as portas ao cese de Pilar Cancela á fronte da xestora do PSdeG e á toma de control do partido por parte dos máis conservadores dentro das filas socialistas. A abstención no Congreso suporá tamén hipotecar o papel do PSdeG na oposición no Parlamento galego, na nova lexislatura. Malia ter menos votos, o PSdeG obtivo o mesmo número de escaños que En Marea, o cal aínda lle daba certa relevancia na oposición ao goberno de Alberto Núñez Feijóo. Sen embargo, ao permitir a investidura de Rajoy, a credibilidade dos socialistas como oposición aos populares non só en Madrid, senón tamén en Galicia, queda polo chan. Algo que aproveitarán En Marea e BNG para erixirse nos únicos partidos capaces de facerlle fronte ao PPdeG na Cámara galega.

De feito, Luís Villares, voceiro de En Marea, xa sinalou este domingo, tras a votación no Comité Federal do PSOE, que os socialistas "abandonaron" de forma definitiva a representación da maioría social, un "espazo" que agora, en Galicia, "ocupa En Marea", dixo.

Durante a súa participación na manifestación convocada na Coruña para reclamar unha lei galega de identidade de xénero, Villares asegurou que a reunión do Comité Federal do PSOE deste domingo demostra "que hai un xiro" que "comezou coa reforma do artigo 135 da Constitución", cando o PSOE "abandonou as políticas económicas que puidesen beneficiar ás maiorías". "Estamos agora nunha segunda etapa na que se fai un xiro cun apoio explícito ao Partido Popular, polo tanto, supón o abandono definitivo desa posición", sinalou.

Ademais, o portavoz parlamentario de En Marea augurou que "non pasará moito tempo" ata que, a consecuencia da decisión do PSOE de facilitar a investidura de Rajoy, haxa "unha gran coalición". "Pero non é algo que nos preocupe en exceso porque sabemos desde En Marea que estamos a ocupar o espazo da representatividade das maioría sociais", indicou Villares, quen afirmou que a "referencialidade na defensa desas políticas está perfectamente representada por En Marea".

LEICEAGA PIDE "RESTABLECER A UNIDADE"

O voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, defendeu "moito diálogo interno" para resolver a "fractura" do PSOE e o PSdeG e, deste modo, "restablecer a unidade". Para iso, apostou por actuar con "máxima cautela" para "ser capaces de ir reducindo as diferenzas" existentes na organización a nivel estatal e autonómico.

Así mesmo, Leiceaga indicou, nunha entrevista en RNE, que o feito de que o PSOE e o PSdeG perderan "apoios pola esquerda" dificulta "levar as reivindicacións sociais" ao Goberno.

Sobre a súa condición de voceiro parlamentario, sinalou que puxo o seu cargo a disposición da xestora do partido e que foi unha decisión unánime desta a que lle levou a asumir a portavocía do PSdeG no Parlamento galego. Non obstante, indicou que se hai algún tipo de cambio non terá problema en asumir a posición na que o coloquen.

Tamén recoñeceu que a xestora do PSdeG ten "menos capacidade" da que tiña antes e, preguntado polas voces críticas do seu partido durante a campaña, recoñeceu que "sempre que hai división nun partido acaba repercutindo no ánimo dos cidadáns" e fai á organización "menos elixible" ante os electores.

Malia os acontecementos, Leiceaga aspira a que o seu partido faga unha oposición "útil e responsable" no Parlamento galego. Así mesmo, sinalou que coincidirá con En Marea e BNG en criticar determinadas accións do Goberno. Con todo, asegurou que hai cuestións relevantes para Galicia nas que poden coincidir todos, tamén o Partido Popular.

Temas: PSOE PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Superlíder que lidera

Oh si Billares xa está hipercontentísimo que así seguro que lidera máis a oposición

4 Desiderio

O Psoespañol está onde estivo sempre: na dereita pura e dura, disfrazada con catro medidas sociais progres para a a galería. Memoria: estamos ante o PsoE de Felipe Gonzalez que no último mandato foi o goberno máis corrupto coñecido (non superado polo Partido Podre), polo patrocinador do terrorismo de estado dos Gal sen depurar, polo único partido condenado por financiación ilegal (Filesa, Maleza, Time...), pola burla da Otan como incumprimento de promesa electoral... Logo os da abstención son coherentes (grupos de poder, portas xiratorias, alternancia, aparato), os do NON que apanden, saben onde están, nada de inocentes, nada de sorpresa, que non enganen a ninguén! E os do Bloque e as Mareas que pactan e choran polo PsoE son igualmente uns farsantes, son dereita travestida ou amamantados do aparato que agora saben que con esfarelamento do PsoE fican sen mamadeira. Non choran pola esquerda, da que nunca foron, choran pola barriguiña e polo peto!

3 Galegus

Lo que hace el PSOE es lo normal en cualquier país democrático: dejar gobernar al más votado. No se puede estar indefinidamente sin gobierno. Otra cuestión es que todo el que tiene un cociente intelectual no inferior a la media sabe que de haber unas terceras elecciones el PP sacaría todavía más votos, y el PSOE menos.

1 expaña e merda pura

Deixa de falar en "chino" so guarro do pepeiro... expaña e roubo crime e estafa os partidos de expañol son partidos da patraña son todos ladrons podreiros-socialato, populares-chupadanos, que ninguen se engane agora esta GOBERNANDO AL-ANDALUS, temos que darlles os nosos cartos e riquezas a chusma que vive en mandriles, si a toda esa cuadrilla monoarquica... as ratas parasitarias e apestosas deben ser purgadas e extirpadas do tecido social GALIZA VOLTARA A RENACER!!! non a merdocracia expañolenta, si non e por tamallazos, por golpazos, e por mentiras .... este de expaña e un xogo de mans trucados e un engano o meigo negro do marijuanto esta transmutando a demodesgracia en demodictadura!

2 Galegus

E a tua nai xa sabemos a que se dedica polas noites. Pequeno enfermo, aprende a escribir en español ou en galego e logo cóntasme, Y por cierto para que te j. bien, recuerda que el PP es el partido preferido por los gallegos, con bastante más ventaja que en el resto de España.

3 Sesese

A ver si somos un pouco educados e non lle faltamos a ninguen. Cada un pode falar e opinar o que lle pete , so faltaría , pero cas faltas de respecto non imos a ningures. Mal camiño

2 Héctor Sánchez

O golpe de estado perpetrado dentro do PSOE no Comité Federal de hai dúas semanas para impedir calquera apertura de Pedro Sánchez, foi consumado hoxe con menos apoios dos que querían os golpistas. Aprobaron entregarlle o Goberno a Rajoy o 60% fronte a un 40% que mantivo o NON A RAJOY -139 a favor e 96 en contra-. Agora, todo o aparato do PSOE, apoiado polos grandes medios de comunicación, van lanzar unha gran ofensiva para que @s deputad@s partidarios do NON A RAJOY se absteñan. Vai ser repugnante o espectáculo de que quen fixeron un golpe antidemocrático, destrozando o seu Partido, co 40% d@s dirixentes en contra, con milleiros e milleiros de militantes e votantes en contra, van presionar implacablemente aos deputad@s do NON A RAJOY en nome da democracia. Eles, @s golpistas, van acusar de antidemócratas aos deputad@s do NON A RAJOY se non se absteñen nunha investidura manchada.

1 Puidestes

E vos que pedindo o CNI, o BOE, o KGB e a NASA e se non non respirábades. Agora vai ser toda a culpa do PSOE era boa

2 Balbino Fernández

Fracasado bloqueiro, que parte non entendeches? O PsoEspañol que pactou coa dereitas sen complexos e co españolismo (lease Ciudadanos) é o que debía apoiar Podemos? Acaso non é o PsoEspañol de Felipe e Susana, o que obedece aos bancos e aos oligopolios, por moito que na cabeza apareza un títere (lease Zapatero ou Sanchez)? É de esquerdas Carmela Silva ou Caballero que tanto apoiades? E non te confundes, non me fio para nada de Podemos nin das Mareas, pero bloqueiro non me fales dia que apoiades ao PsoEspañol! Dades noxo!

3 Podemeiro

Faltaba o louzanista protestando de que Louzán deixou de mandar na deputacion. Eres mantidiño ou queres traballar no parque de maquinaria expodemita

1 galegoexiliado

Por fin o Partido Español (nin socialista nin obreiro) contestou á pregunta que todos se facían dende hai anos, se era de esquerdas ou de dereitas. "La niña de Rajoy" sin dala cara divideu o partido e deixou claro que eran de dereitas e que había que manter as cadeiras e os privilexios de casta, roubando os votos e impedindo que voten os militantes e os cidadans. A dúbida é saber como se chamarán ahora: ¿Partido Socialista Popular, Partido Social Marianista, Partido Español Popular, Partido a la Mitad por la niña de Rajoy, Partido Susanista de Rajoy...? Mentras eles deciden os ex-votantes hai tempo que decidiron....a abstención de votarlles.