Obra, cuarta derrota

O equipo compostelán aguantou o Valencia ata o último cuarto, no que encaixou un parcial de 20-32. Diot rachou o partido con tres triplas consecutivas e Obra caeu 75-92. Dulkys debutou en Sar con catro triplas. O vindeiro domingo, cita en Sevilla.

Por gcdeportes | Compostela | 23/10/2016 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Obradoiro 75:
Mickey McConnell (6), Matulionis (1), Bendzius (0), Pechacek (4), Whittington (10) -cinco inicial - Dulkys (12), Artem Pustovyi (10), Santi Yusta (13), Fran Cárdenas (0), Rosco Allen (17) e Pepe Pozas (2).
Valencia Basket 92: Antoine Diot (15), San Emeterio (11), Joan Sastre (10), Luke Sikma (9) e Dubljevic (19) –cinco inicial – Will Thomas (5), Van Rossom (0), Sato (0), Guillem Vives (7), Rafa Martínez (10) e Pierre Oriola (6).
Parciais: 14-22, 16-16 (30-38), 25-22, 20-32 (75-92).
Árbitros: Benjamín Jiménez, José Ramón García Ortiz e Juan José Martínez Díez. Eliminaron por cinco faltas persoais a Artem Pustovyi e Rosco Allen nos composteláns.
Incidencias: partido da 5ª xornada da Liga ACB disputado no Multiusos Fontes do Sar ante 5.309 espectadores.

Foi sempre a remolque o Obra, pero loitou e estivo no partido ata o último cuarto. Con 59-65, tres triplas e once puntos consecutivos de Antoine Diot racharon o choque de maneira definitiva para o Valencia, que anotou ata 32 puntos nos últimos dez minutos. Ao final, 75-92, cuarta derrota do Obradoiro en cinco xornadas, cunha única vitoria en Manresa. Rosco Allen, con 17 puntos, e Santi Yusta, con 13, os mellores nos composteláns. O lituano Deividas Dulkys anotou catro triplas na súa estrea en Sar.

Pechacek e Dubljevic, balón ao aire.
Pechacek e Dubljevic, balón ao aire. | Fonte: ACBPhoto

Marcou distancias o Valencia xa dende o arrinque cos puntos de Dubljevic (4-9). E cun parcial de 0-7 abriu oco ata o 10-22 que obrigou a Moncho Fernández a parar o partido. Catro puntos de Rosco Allen deixaron o marcador en 14-22 tralo primeiro cuarto. Santi Yusta e unha tripla de Dulkys termaban dos galegos, pero Valencia mantiña a diferenza por riba dos dez puntos (23-35). Obra apertou en defensa e mantivo as súas opcións ao descanso: 30-38.

Tralo paso por vestiarios, o lituano Dulkys levantou os ánimos locais con tres triplas consecutivas e achegou ao Obra (39-45). Valencia non se asustou e púxose de novo a dez, pero os interiores composteláns, sobre todo Artem Pustovyi, volveron apertar o marcador e Santi Yusta pechou o terceiro cuarto cun mate para o 55-60. Pero en tan só dous minutos de despistes defensivos, o partido foiselle ao Obradoiro. Antoine Diot anotou tres triplas sen marca para once puntos e Valencia púxose 63-76 a menos de seis minutos do final. Obradoiro deixou de crer na remontada e os de Pedro Martínez fóronse ata os 20 puntos de vantaxe. Ao final, 75-92 tras unha tripla de Whittington. O domingo, ás 12.30 horas, cita en Sevilla.

Mickey McConnell, cara a cara con Antoine Diot.
Mickey McConnell, cara a cara con Antoine Diot. | Fonte: ACBPhoto
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta