Tellado pide "un cambio de actitude" aos grupos da oposición: "A crispación non serve para nada"

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu "un cambio de actitude por parte dos grupos da oposición" porque entende que, na lexislatura anterior, estes apostaron pola "crispación" e a "confrontación": "A crispación non serve para nada".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2016 | Actualizada ás 19:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu "un cambio de actitude por parte dos grupos da oposición" porque entende que, na lexislatura anterior, estes apostaron pola "crispación" e a "confrontación": "A crispación non serve para nada".

Nunha entrevista na Radio Galega, Tellado considera que os galegos enviaron unha mensaxe "claro" o pasado 25 S: "Apostar por que Galicia tivese un goberno único, unido".

"Eu creo que a cidadanía, moitas veces, non sente representada por unha cámara na que hai insultos, na que hai berros, na que hai unha crispación innecesaria [...]. Do que se trata é de baixar ao fondo dos asuntos e buscar puntos onde pode haber acordos", opinou.

Así mesmo, subliñou que a prioridade desta lexislatura é a creación de emprego. Trátase, sinalou, de apoiar aos sectores produtivos e a todos os proxectos empresariais que poidan beneficiar o tecido produtivo galego.

Sobre a transferencia da AP-9, asegura que os populares galegos a ven "crucial" porque se trata dun "eixe vertebrador", opinión que os fai "non compartir" a postura do Goberno central. Por iso, remarcou que o seu partido defenderá os intereses de Galicia e seguirá reivindicando a devandita transferencia.

De cara á conformación do novo goberno autonómico, espera unha "boa combinación de experiencia e renovación". Ao mesmo tempo, mostrouse confiado de que se poidan aprobar os presupostos de 2017 antes de que finalice o ano.

Tamén subliñou que o PPdeG "estará preparado" cando chegue o momento de abordar a sucesión de Alberto Núñez Feijóo, pero fai fincapé en que "quedan catro anos e agora a prioridade é Galicia".

Así mesmo, considera que o PSOE, o Comité Federal do cal votou este domingo absterse na investidura de Rajoy, se atopa nunha situación "francamente delicada".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta