Leyma segue gañando

O Básquet Coruña vence 69-84 o filial blaugrana e suma a cuarta vitoria en cinco xornadas. Joan Creus, o mellor dos coruñeses con 15 puntos, 7 rebotes e 3 asistencias. A vindeira semana, derbi en Riazor co COB.

Por gcdeportes | A Coruña | 23/10/2016 | Actualizada ás 22:26

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Barcelona B 69:
Velicka (15), Aleix Font (7), Dedovic (6), Jordi Trías (6), Diagne (7) -cinco inicial- Wesley Sena (10), Sergi Martínez (9), Álex Mazaira (4), Max Esteban (2) e Pol Figueras (3).
Básquet Coruña 84: Joan Creus (15), Ángel Hernández (11), Dago Peña (15), Zyle (4), Sergio Olmos (4) –cinco inicial- Zach Monaghan (10), Filip Djuran (12), Mikulic (5), Sabonis (2), Javi Lucas (6), Larry Abia (0) e Pablo Ferreiro (0).
Parciais: 14-19, 26-21 (40-40), 15-22 (55-62), 14-22 (69-84).
Árbitros: Torres Sánchez e Palomo Cañas. Expulsaron por dúas técnicas o técnico local Alfred Julbe e por cinco faltas persoais a Pol Figueras.

Javi Lucas tenta taponar a entrada de Wesley Sena.
Javi Lucas tenta taponar a entrada de Wesley Sena. | Fonte: @FCBbasket

Tras un primeiro tempo cativeiro, con moitas perdas e imprecisións nos dous equipos, na reanudación o Básquet Coruña apertou en defensa, xogou con máis criterio en ataque e foi abrindo oco para acabar gañando 69-84, a súa cuarta vitoria en cinco xornadas. Destacou o xogo exterior dos coruñeses, con cinco xogadores por riba dos 10 puntos: Dago Peña (15), Joan Creus (15), Djuran (12), Ángel Hernández (11) e Monaghan (10). A vindeira cita, o sábado en Riazor, derbi con Ourense.

Con 5 puntos de Dago Peña abriu oco o Leyma nos primeiros minutos (4-11), pero o filial blaugrana conseguiu empatar o partido (14-14). Ata que Zach Monaghan, saíndo do banco, sumou 5 puntos e Básquet Coruña acabou o primeiro cuarto arriba: 14-19.

Javi Lucas fixo medrar a vantaxe ata os nove puntos (15-24), pero os locais, con triplas de Velicka e o ourensán Álex Mazaira, acadou un parcial de 7-0 que obrigou a Tito Díaz a parar o partido con 25-26. O Barça B chegou a poñerse por diante (33-32), pero ao descanso a igualdade era máxima: 40-40.

Leyma saiu de vestiarios decidido a polo partido. Apertou en defensa, unha tripla de Joan Creus, catro puntos de Dago Peña, cinco de Ángel Hernández e colleu vantaxe no marcador (46-55) tras un parcial de 2-9. Sergi Martínez termaba do Barça B, pero Zach Monaghan pechou o cuarto cunha tripla máis alá dos sete metros: 55-62.

Filip Djuran saiu enchufado e con dúas triplas puxo aos coruñeses once arriba (59-70). Alfred Julbe provocou a súa expulsión coa segunda técnica por protestar, Djuran anotou outra tripla máis e Creus e Dago Peña sentenciaron o choque: 62-79 a pouco máis de tres minutos. Tivo minutos Pablo Ferreiro e ao final, 69-84 para os de Tito Díaz, segundos na táboa empatados con catro vitorias con Breogán e Gipuzkoa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta