O 061 atendeu a 79 persoas por 47 accidentes de tráfico a fin de semana en Galicia, das que unha morreu

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 79 persoas debido a 47 accidentes de tráfico rexistrados nas estradas galegas durante a fin de semana, das que unha morreu.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2016 | Actualizada ás 09:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 79 persoas debido a 47 accidentes de tráfico rexistrados nas estradas galegas durante a fin de semana, das que unha morreu.

A Central de Coordinación do 061 atendeu entre as 15,00 horas do venres e as 23,59 horas do domingo 58 chamadas en relación con sinistros de circulación. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo, con 23.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 73. En concreto, as ambulancias medicalizadas realizaron sete saídas; as asistenciais, 46; e a convencionais, 10; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en dez ocasións.

En 69 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en nove ocasións recibiron asistencia no lugar do sinistro sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do accidente.

A proporción de homes atendida situouse no 53 por cento e a de mulleres no 47%. En canto ás idades dos feridos, un 32 por cento dos asistidos tiña entre os 20 e o 34 anos.

Pontevedra, con 20 sinistros, foi a provincia que rexistrou máis accidentes de tráfico durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña e Lugo, con dez en cada caso; e Ourense, con sete.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta