Feridas tres persoas nunha saída de vía na Estrada e outra tras caer un coche por un barranco en Santiago

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na tarde do domingo ao sairse da vía un vehículo no termo municipal da Estrada (Pontevedra) e outra tras precipitarse un coche por un barranco en Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2016 | Actualizada ás 10:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na tarde do domingo ao sairse da vía un vehículo no termo municipal da Estrada (Pontevedra) e outra tras precipitarse un coche por un barranco en Santiago de Compostela.

O primeiro dos sinistros tivo lugar sobre as 18,50 horas do domingo na estrada N-640, á altura do Pedregal, na localidade da Estrada, segundo informou o 112 Galicia.

Neste accidente dous dos tres ocupantes necesitaron ser trasladados en ambulancia polo persoal sanitario, segundo confirmaron as mesmas fontes.

Foi un particular o que alertou do sucedido ao CAE 112 Galicia que, de inmediato, avisou a Urxencias Sanitarias, axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos do GES da Estrada. Os Bombeiros do Deza tamén foron informados.

Tras sairse da vía, o vehículo impactou contra un poste de iluminación pública quedando este bastante danado, segundo concretou o 112. Por iso, tamén se informou o persoal da empresa subministradora da luz.

CAÍDA POR BARRANCO

Pola súa banda, unha muller resultou ferida a última hora da tarde do domingo en Santiago tras caer co coche que conducía por un barranco. O accidente tivo lugar sobre as 20,25 horas no lugar de Marzo de Arriba, en Grixoa.

Urxencias Sanitarias avisou ao CAE 112 Galicia do suceso e indicaba que a muller estaba accesible. Tras a chamada de alerta, o persoal do servizo de emerxencias solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico, dos Bombeiros e a dos efectivos de Protección Civil da localidade. A muller foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta