Angrois.- O BNG denuncia "presións de PSOE e PP" para que a Eurocámara evite o debate das denuncias de vítimas

O BNG denuncia "presións de PP e do PSOE" no Parlamento europeo "para aprazar" o debate de dúas reclamacións presentadas na comisión de peticións da eurocámara pola Plataforma Víctimas Alvia 04155, en relación ao accidente de Angrois e como se levaron a cabo as investigacións, así como o papel que xogaron o Ministerio de Fomento e Adif.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2016 | Actualizada ás 13:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O BNG denuncia "presións de PP e do PSOE" no Parlamento europeo "para aprazar" o debate de dúas reclamacións presentadas na comisión de peticións da eurocámara pola Plataforma Víctimas Alvia 04155, en relación ao accidente de Angrois e como se levaron a cabo as investigacións, así como o papel que xogaron o Ministerio de Fomento e Adif.

A voceira nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, a través dun comunicado de prensa, reclama á devandita comisión --na que calquera persoa ou colectivo dos estados membro poden presentar unha reclamación para o seu debate-- que aborde "xa" as denuncias formuladas, toda vez que están "amplamente superados os procesos electorais".

"Hai que recordar que a Comisión decidiu que o debate se pospoñía ata pasadas as eleccións galegas", indica Miranda, quen pide que se atendan as dúas denuncias, "sobre todo tras coñecerse en xullo o informe da Axencia Ferroviaria Europea, que demandaba reabrir o caso tras ditaminar que non existiu unha investigación independente do accidente".

A comisión de peticións, mediante a súa presidenta, Cecilia Wikström, anticipou que o debate quedaba para o mes de outubro. "Está a punto de concluír sen que figure na orde do día da comisión", advertiu a nacionalista, que considera que PP e PSOE "continúan facendo presión e non queren que se debata nin en outubro nin en novembro".

Ao respecto, recorda que tamén no Parlamento galego ambas as dúas forzas políticas se opuxeron "reiteradamente" á creación dunha comisión de investigación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta