Leiceaga cualifica de "democrática" a decisión do PSOE de absterse na investidura e di que toca "respectala"

O voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, sostivo este luns que a decisión do Comité Federal do seu partido de absterse na investidura de Mariano Rajoy como presidente do Goberno é froito dunha votación "democrática" na que esta postura venceu á que defendían os partidarios do voto en contra.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2016 | Actualizada ás 13:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, sostivo este luns que a decisión do Comité Federal do seu partido de absterse na investidura de Mariano Rajoy como presidente do Goberno é froito dunha votación "democrática" na que esta postura venceu á que defendían os partidarios do voto en contra.

"Eu creo que é unha decisión democrática, tanto como o sería adoptar outra posición, e eu non podo máis que a respectar", respondeu, en rolda de prensa, ao tempo que se situou en favor da "busca de solucións" e non "da creación de problemas". "O Comité Federal ten a obriga de fixar a posición do PSOE; así o fixo, e punto", resolveu.

Cuestionado acerca das posibles repercusións desta decisión no partido en Galicia, á hora de cuestionar ao PP de Alberto Núñez Feijóo, o socialista asegurou que o seu grupo fará o seu labor de "oposición" e -- chanceou -- non se absterá na súa investidura, prevista para mediados do mes de novembro.

Despois de que a líder do BNG, Ana Pontón, opinase --nunha comparecencia previa-- que a abstención causará "frustración" en votantes socialistas, Leiceaga dixo que el carece desa "capacidade para saber que pensan" os electores dunhas e outras forzas políticas. "Para iso están as sondaxes de opinión", resolveu.

Finalmente, acerca de se cre que os cambios no seu partido afectarán á súa posición dentro do grupo, soltou que non ten "unha bóla de cristal" para saber "que pasará no futuro". Iso si, deixou claro que a súa intención é traballar "con unidade" dentro do grupo parlamentario e "con estabilidade". "Veremos se o conseguimos", finalizou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta