Raquel Arias avoga "polo máximo respecto na linguaxe e nas formas" no Parlamento

A nova secretaria do Parlamento de Galicia, a lucense Raquel Arias, avogou este luns por que na Cámara se asente "o máximo respecto, o respecto na linguaxe e nas formas".

LUGO | 24/10/2016 | Actualizada ás 13:44 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A nova secretaria do Parlamento de Galicia, a lucense Raquel Arias, avogou este luns por que na Cámara se asente "o máximo respecto, o respecto na linguaxe e nas formas".

Na liña do presidente Santalices, que puxo reparos na forma de vestir dalgúns deputados, Arias defendeu que "nas institucións tamén é bo, non é unha cuestión ideolóxica, senón que é cuestión de protocolo e educación".

"Espero que esta sexa unha lexislatura onde impere o respecto. O Parlamento é un lugar onde se deben debater as ideas, distintas ideas porque están aí representadas as ideas do conxunto dos galegos. Unha vez expostas esas distintas opinións, eu creo que debemos chegar ao máximo consenso posible para que Galicia e todos os galegos avancen", reflexionou.

Atrás deixa oito anos como delegada da Xunta en Lugo e confesa que "foron uns anos moi intensos, moi bonitos", nos que contou "coa colaboración de todo o equipo da Delegación pero tamén de alcaldes, voceiros, asociacións".

"Polo tanto teño esa mestura de morriña por deixar un etapa da miña vida que foi moi bonita e que espero que fose positiva para a provincia e agora coa ilusión de empezar unha nova etapa", confesa.

SUBSTITUCIÓN

Raquel Arias descoñece quen a vai substituír á fronte da Delegación e apuntou que "non se vai saber ata que o presidente o diga, que é como ten que ser".

"A el (a Feijóo) correspóndelle esa designación e el farao así, dirao cando considere que é o momento oportuno. Eu non teño nin idea, o que si sei é que hai moita xente que pode exercer esa responsabilidade e estou segurísima de que o presidente acertará", recalcou finalmente.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta