O presidente da Deputación de Lugo urxe un congreso federal do PSOE para "resetearse"

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, apremou a convocatoria dun congreso federal do PSOE co fin de "resetearse".

LUGO | 24/10/2016 | Actualizada ás 13:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, apremou a convocatoria dun congreso federal do PSOE co fin de "resetearse".

Campos eludiu pronunciarse sobre a decisión do comité federal de absterse na investidura do popular Mariano Rajoy, e puntualizou que esa opinión á garda "para os órganos do partido".

Dito isto, considerou que "é máis conveniente, con rapidez relativa, convocar un congreso federal e despois o resto", "porque ao seu xuízo o partido debe resetearse e para iso hai que elixir un líder".

"A miña opinión dareina nos órganos en que teño que dala, pero parte do que nos pasa no partido é por iso, por sacar nos medios de comunicación parte das nosas opinións," resolveu.

Estas declaracións fíxoas despois de presentar o IV Campus Emprendemento Sostible, que financia a institución provincial, e que este ano vai dirixido a 60 alumnos aos que se ofrecerá formación e asesoramento na creación de empresas sostibles dentro do ámbito rural.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta