Rey Varela avoga "pola coordinación" para avanzar na "igualdade" no ámbito da minusvalidez

O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, avogou "pola coordinación" entre as administracións e as entidades para avanzar no ámbito "da igualdade de dereitos" en relación ás persoas con minusvalidez, durante unha visita ás instalacións da Asociación de Pais de Minusválidos Psíquicos de Bergantiños (Aspaber).

A CORUÑA | 24/10/2016 | Actualizada ás 14:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, avogou "pola coordinación" entre as administracións e as entidades para avanzar no ámbito "da igualdade de dereitos" en relación ás persoas con minusvalidez, durante unha visita ás instalacións da Asociación de Pais de Minusválidos Psíquicos de Bergantiños (Aspaber).

Na visita, que forma parte da rolda de encontros que o titular de Política Social está a realizar, remarcou o "importante traballo" que realiza esta asociación dende hai 40 anos para "mellorar a calidade de vida das persoas con minusvalidez e das súas familias, intentando dar resposta ás necesidades de integración social".

Tamén incidiu en que "coordinarse e traballar conxuntamente con outras administracións e coas entidades é o camiño para poder avanzar" na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con minusvalidez".

Aspaber conta cun centro ocupacional que ofrece atención a 78 usuarios e no que se facilita, segundo explica o departamento autonómico, o desenvolvemento das capacidades en áreas formativo-laborais e ocupacionais.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta