Francisco Rodríguez recoñece que o BNG contou con “oportunidades mediáticas” nas autonómicas

Destaca a valía da nova voceira nos resultados e suliña que “o nacionalismo existe”, aínda que critica a “españolidade” dos galegos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/10/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O ex dirixente do BNG e ex lider da UPG, Francisco Rodríguez, recoñece nun recente artigo publicado no Terra e Tempo –o voceiro oficial da Unión do Povo Galego-- que o BNG gozou nesta campaña electoral das autonómicas de “oportunidades mediaticas”, grazas a que contou “cunha portavoz adecuada”, en alusión a Ana Pontón.

Francisco Rodríguez Sánchez
Francisco Rodríguez Sánchez

“É verdade que, neste caso, tivemos a sorte de contar coa portavoz adecuada para enfrontar unha situación crítica, que aproveitou moi ben a oportunidade mediática coa que, conforme ás regras de xogo vixentes, contou”, escribiu no artigo “Que nos pasa?”, no que sinala que “o nacionalismo galego existe, tanto como a orfandade de Galiza é manifesta”.

Rodríguez sempre foi moi crítico coa visión que os medios de comunicación deron do BNG. De feito, durante a ruptura desta formación no 2012, que deu lugar a aparición de Anova, Compromiso e outras formacións, Rodríguez criticaba tamén no Terra e Tempo as “caricaturas, prexuízos e manipulacións perfectamente orquestadas por algúns medios de comunicación”, en clara alusión a La Voz de Galicia. Este medio, xunto con outros, tiveron, sen embargo, nesta campaña unha postura completamente diferente co Bloque que é a que, en parte, alude o propio Rodríguez que mesmo chegou a escribir artigos de opinión no xornal de Santiago Rey.

No seu artigo, o ex líder da UPG destaca os resultados do BNG e suliña que a mensaxe nacionalista e a súa voceira “prendeu lume así nunha mecha que conectaba cun sector social proclive a sentir e pensar en clave de país”. “Reavivouse a chama que ardía nos seu peito e na súa cabeza, mobilizándose en porcentaxe relevante a prol da causa da crenza na nosa capacidade como pobo e na necesidade de nos responsabilizar de nós mesmos. Triunfouse contra o desánimo e o derrotismo”, engade.

De feito, para Rodríguez o BNG comeza xa a saír do seu “via crucis electoral” logo de quedar fora do Congreso e do seu espectacular descenso nas pasadas municipais. “O resultado das eleccións autonómicas últimas chafou as profecías, convertidas case en realidade por infumábeis enquisas, da desexada desaparición e feliz ruína do nacionalismo galego. Por fin albiscaban a posibilidade dunha Galiza totalmente anónima, inexistente, absorbida, asimilada, sen o menor perigo, remoto sequera, de molestar a madre España”, apunta.

Críticas á “españolidade” dos galegos

Sen embargo, Rodríguez critica tamén a “españolidade” dos galegos e galegas porque é “esperpéntica” e “deforma e ridiculiza como un produto de imitación, e de renuncia a ser o que somos”. “Mirémonos dentro, e tamén fóra, especialmente na emigración americana, e constataremos  que esas manifestacións de españolidade  van sempre en detrimento e anulación de Galiza. Moitos galegos e galegas pensan que son alguén grazas a España, non por nós, por eles propios. Acabamos  así sendo o país que nunca existiu, o facilmente prescindíbel”, indica.

Con todo, e a pesar diso, destaca que o nacionalismo galego “existe”, “tanto como a orfandade de Galiza é manifesta”. “Traballemos co criterio de que non tivemos só un problema electoral. Pasamos e estamos a pasar pola agudización dun proceso de dependencia, subordinación e asimilación, en todas as ordes. De aí provén a miseria, o caos e a confusión na que seguimos vivindo. Non foi pequeno mérito sobrevivir politicamente. Porén saibamos que necesitamos tanto a lexitimidade electoral como actuar con obxectivos económicos, sociais, políticos, ideolóxicos, culturais, e psicolóxicos mesmo, que favorezan a toma de conciencia do pobo galego sobre si mesmo”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 Xornalismo 2.0

A culpa é do BNG juas juas juas , mirando os comentarios en contra do idioma Galego xa sabemos que clase de lectores ten es panfleto españolista camuflado de galeguista igual que o Feijóo, mira que nom hai novas hoxe para publicar semellante parida, pero o importante nom é informar se nom acabar co nacionalismo galego.

7 Alberte

La Marea (Yulius, o careca complexado...) têm os alto-falantes de La Sexta e Cuadro (cujos donos são conhecidos esquerdistas). Quantos nacionalistas podem falar em seus programas? Além disto, em ViaV eu tenho visto Rubén "Cretino" Pérez, Manolo CCOO, Luca Chao... Eles também estão a soldo de LaVoz?

1 Balbino

Pero por favor Alberte eles son doutra galaxia, son rupturistas modernos ensinados na complutense.

6 balbino

Xa estamos coa mesma, se isto é para ir na capa dun xornal mellor apaga e vamonos. Dicir que La Coz apoia o Bloque e mentir (dábanlle entre 0-2 recordade) A Noticia e que grazas a Podemos temos Rajoy e Feijoo para rato, grazas polo intento pero estamos peor que cando nom existian. Algúns polo menos levan a alegría do descalabro do nacionalismo galego outros estamos fodidos polos dous lados.

1 Desiderio

Balbino, mellora o estilo que para manipular hai que ter en conta que o lector non acredita en todas as trolas... Se Raxoi é presidente será primeiro polo voso compadre ( si do BNG, de Carmela Silva, Valentín Formoso, de Caballero ou de Orozco), polo PsoE, que non quixo pactar cos nacionalistas bascos e cataláns, e que se aliou coa dereita de Ciudadanos (financiados polo mesmo amo, ollo ao piollo, que Felipe González). Podemos fixoo mal, rematadamente mal, pagou perdendo votos, pero o grande responsable é o voso socio. Sobre a campaña, todos os que lenos La Voz de su Amo sabemos do descarado apoio ao BNG: noticias favorables (frente ataque concellos da Marea), opinadores a soldo (Caneiro)...

2 Desiderio

Había para La Voz dous favoritos: PP para ganar e BNG para contrarrestar á posible alternativa. O BNG só resta ou divide, por iso era interesante para os negocios de La Voz: para garantir a continuidade do PP. E non rematou a caída, non sexades ilusos, simplemente atrasou a desaparición (non tanto por méritos propios da "nova" candidata que levaba 16 anos de deputada e toda a vida laboral chupando do aparato da UPG, senón pola inestimable axuda da prensa e polos deméritos dos outros partidiños, nomeadamente das Mareas de Podemos). E remato, visto a panda de impresentables do PsoE, dos trepas mareantes..., case mellor que siga a mafia clientelar de Feixoo. Triste pero é a realidade do país e dos inútiles partidos farsantes da oposición. E os do BNG seguide aplaudindo á La Voz que xa volo pagará como fixo co bipartito e ao PsoE de Felipe González e de Caballero por ser de "esquerda" e acabaredes cono en Vigo: na nada.

3 Amancio

Un podemita a reprochar a xente do Bloque que leva a vivir décadas do teto público. Será entón que Beiras leva toda a vida a traballar de autónomo e Luis Villares ten unha fábrica de calzado. O que hai que ver

5 A Tahona

Volve o Papa Negro: QUE MEDO ¡¡¡. Veremos a quen lle curta a cabeza

4 Asquerosa patera

Recomendo ler o artigo de Paco Rodriguez sen intemediarios nin glosas españolentas.