Francisco Rodríguez recoñece que o BNG contou con “oportunidades mediáticas” nas autonómicas

Destaca a valía da nova voceira nos resultados e suliña que “o nacionalismo existe”, aínda que critica a “españolidade” dos galegos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/10/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O ex dirixente do BNG e ex lider da UPG, Francisco Rodríguez, recoñece nun recente artigo publicado no Terra e Tempo –o voceiro oficial da Unión do Povo Galego-- que o BNG gozou nesta campaña electoral das autonómicas de “oportunidades mediaticas”, grazas a que contou “cunha portavoz adecuada”, en alusión a Ana Pontón.

Francisco Rodríguez Sánchez
Francisco Rodríguez Sánchez

“É verdade que, neste caso, tivemos a sorte de contar coa portavoz adecuada para enfrontar unha situación crítica, que aproveitou moi ben a oportunidade mediática coa que, conforme ás regras de xogo vixentes, contou”, escribiu no artigo “Que nos pasa?”, no que sinala que “o nacionalismo galego existe, tanto como a orfandade de Galiza é manifesta”.

Rodríguez sempre foi moi crítico coa visión que os medios de comunicación deron do BNG. De feito, durante a ruptura desta formación no 2012, que deu lugar a aparición de Anova, Compromiso e outras formacións, Rodríguez criticaba tamén no Terra e Tempo as “caricaturas, prexuízos e manipulacións perfectamente orquestadas por algúns medios de comunicación”, en clara alusión a La Voz de Galicia. Este medio, xunto con outros, tiveron, sen embargo, nesta campaña unha postura completamente diferente co Bloque que é a que, en parte, alude o propio Rodríguez que mesmo chegou a escribir artigos de opinión no xornal de Santiago Rey.

No seu artigo, o ex líder da UPG destaca os resultados do BNG e suliña que a mensaxe nacionalista e a súa voceira “prendeu lume así nunha mecha que conectaba cun sector social proclive a sentir e pensar en clave de país”. “Reavivouse a chama que ardía nos seu peito e na súa cabeza, mobilizándose en porcentaxe relevante a prol da causa da crenza na nosa capacidade como pobo e na necesidade de nos responsabilizar de nós mesmos. Triunfouse contra o desánimo e o derrotismo”, engade.

De feito, para Rodríguez o BNG comeza xa a saír do seu “via crucis electoral” logo de quedar fora do Congreso e do seu espectacular descenso nas pasadas municipais. “O resultado das eleccións autonómicas últimas chafou as profecías, convertidas case en realidade por infumábeis enquisas, da desexada desaparición e feliz ruína do nacionalismo galego. Por fin albiscaban a posibilidade dunha Galiza totalmente anónima, inexistente, absorbida, asimilada, sen o menor perigo, remoto sequera, de molestar a madre España”, apunta.

Críticas á “españolidade” dos galegos

Sen embargo, Rodríguez critica tamén a “españolidade” dos galegos e galegas porque é “esperpéntica” e “deforma e ridiculiza como un produto de imitación, e de renuncia a ser o que somos”. “Mirémonos dentro, e tamén fóra, especialmente na emigración americana, e constataremos  que esas manifestacións de españolidade  van sempre en detrimento e anulación de Galiza. Moitos galegos e galegas pensan que son alguén grazas a España, non por nós, por eles propios. Acabamos  así sendo o país que nunca existiu, o facilmente prescindíbel”, indica.

Con todo, e a pesar diso, destaca que o nacionalismo galego “existe”, “tanto como a orfandade de Galiza é manifesta”. “Traballemos co criterio de que non tivemos só un problema electoral. Pasamos e estamos a pasar pola agudización dun proceso de dependencia, subordinación e asimilación, en todas as ordes. De aí provén a miseria, o caos e a confusión na que seguimos vivindo. Non foi pequeno mérito sobrevivir politicamente. Porén saibamos que necesitamos tanto a lexitimidade electoral como actuar con obxectivos económicos, sociais, políticos, ideolóxicos, culturais, e psicolóxicos mesmo, que favorezan a toma de conciencia do pobo galego sobre si mesmo”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

13 Ana

O neghosio da banca

12 Ana

Lamecuada da dereita caciquíl a la voz dos cartiños da xunta

11 Balbino Fernández

Toleou Paco Zarzuelas? Como ousa dicir que La Voz deulle unha oportunidade ao BNG! Evidente, si, pero amado líder iso non se fala en público. Hai que difundir o de La Sexta, propiedade da ultradereita da família Lara dos Planeta. Desconfiamos de Podemos! Hai que escorrentar ovellas de Podemos, tanto pastor da complutense fai dano ao negócio do BNG. Paco, que os cans do aparato xa non sabemos como contrarrestar tanta desinformación para que ti aínda lles deas argumentos.

10 Amesasecala

E chegará un día que recoñecerá que os seus camaradas da UPG no Concello de Pontevedra pagan propaganda, con cartos públicos, redactada en castelán nun xornal de dereitas: http://www.farodevigo.es/tags/ponte...

9 anonimo

Francisco Rodriguez e a U son os culpables de todo dende a morte de Calvo Sotelo para acá,,, para a Fpg , EU e Beiras é o mesmo demo, sempre o foi e será,,,,,, e agora pra este xornal que o saca pra desacreditar ao Bng, e o recurso dos mareantes