María do Cebreiro e Xabier Díaz, entre os galardoados nos premios 'aRi(t)mar Galiza e Portugal'

Os artistas Xabier Díaz, Capicua, María do Cebreiro e José Ricardo Nunes foron os galardoados na I edición dos premios 'aR(t)mar Galiza e Portugal', unha iniciativa xurdida nas Escola Oficial de Idiomas de Santiago para dar a coñecer a poesía e a música editadas en ambos os dous territorios durante o ano 2015.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2016 | Actualizada ás 09:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os artistas Xabier Díaz, Capicua, María do Cebreiro e José Ricardo Nunes foron os galardoados na I edición dos premios 'aR(t)mar Galiza e Portugal', unha iniciativa xurdida nas Escola Oficial de Idiomas de Santiago para dar a coñecer a poesía e a música editadas en ambos os dous territorios durante o ano 2015.

Estes catro intérpretes e escritores resultaron premiados, respectivamente, nas categorías de mellor tema musical en galego, mellor tema musical en portugués, mellor poema en galego e mellor poema en portugués, todos eles votados pola comunidade educativa social e virtual da propia escola de idiomas e polo público en xeral de ambos os dous territorios.

Deste modo, os premios celebrarán o próximo martes 25 de outubro a súa primeira gala de entrega no Teatro Principal compostelano, segundo destacaron en rolda de prensa o director da EOI, Gonzalo Constenla, a concelleira de Acción Cultural de Santiago, Branca Novoneyra, e os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, acompañados de María do Cebreiro en representación dos autores galardoados.

Segundo destacou Constenla, esta iniciativa naceu dun proxecto didáctico dedicado a mellorar a aprendizaxe de idiomas a través da música e a poesía, organizando sesións con autores "con moita aceptación" por parte da comunidade educativa.

Por iso, decidiron intentar impulsar unha actividade que permita "transcender á escola, a cidade e toda Galicia", e ademais contando co apoio de diversas institucións, como a Xunta, a Deputación coruñesa ou o propio Concello de Santiago.

Precisamente, Novoneyra destacou que dende o goberno local coinciden "plenamente cos obxectivos do premio", dado que na propia acción cultural de Santiago os creadores lusófonos teñen unha presenza "importante".

María do Cebreiro, pola súa banda, trasladou a "alegría inmensa" de contar cun recoñecemento que parte de votacións da propia comunidade escolar "e os propios lectores".

LAZOS COA LUSOFONÍA

Finalmente, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, enmarcou esta actividade nas accións desenvolvidas ao amparo da Lei Paz Andrade, que ten o obxectivo de reforzar lazos entre Galicia e os territorios da lusofonía.

Así, destacou que esta iniciativa "parte dun centro educativo" e destacou outras accións desenvolvidas para potenciar os lazos coa lusofonía, como iniciativas que se producen na feira Womex, as conversacións 'Nortear' ou o fallo da II edición do Premio Nortear de creación literaria.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta